Galicia e a soberania alimentar

A soberanía alimentaria galega é a potestade do pobo galego para definir as súas propias políticas agrarias e alimentarias de acordo con obxectivos de desenvolvemento sostíbel e seguridade alimentaria. Iso implica a protección do mercado alimentario galego contra os produtos excedentarios que se venden máis baratos no mercado internacional, e contra a práctica do dumping e xa que logo a venda por baixo dos costos de produción.

chiu longinaFoto: Chiu Longuina


É un concepto que foi introducido con maior relevancia en 1996 por Vía Campesiña, con motivo do Cume Mundial da Alimentación da Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO).
En Galicia, igual que no resto do mundo, os partidarios do concepto de soberanía alimentaria suscitamos un marco para a gobernación das políticas agrícolas e alimentarias que incorpora unha ampla serie de temas, tales como a reforma agraria, o control do territorio, os mercados locais, a biodiversidade, a autonomía, a cooperación, a débeda, a saúde, e outros relacionados coa capacidade de producir alimentos localmente.

“A soberanía alimentaria incide na importancia do xeito de producción de aliemntos na súa orixe”

A soberania alimentaria constitúe unha ruptura con relación á organización actual dos mercados agrícolas e financeiros posta en práctica pola OMC. En contraste á seguridade alimentaria definida pola FAO, que se centra na dispoñibilidade de alimentos, a soberanía alimentaria incide tamén na importancia do xeito de produción dos alimentos e da súa orixe e salienta a relación que ten a importación de alimentos baratos no esmorecemento de produción e poboación agraria locais.
A soberanía alimentaria abrangue políticas referidas non só a localizar o control da produción e dos mercados, senón tamén a promover o dereito á alimentación, o acceso e o control dos pobos á terra, auga, e recursos xenéticos, e á promoción dun uso ambientalmente sostíbel da produción.

autoría: Oscar Lomba

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *