De melenas e coletas

Seica houbo un melenudo que desafiou ao Imperio e aos falsos. A súa verba conciliadora prendeu coma lume nas xentes daqueles tempos convulsos. A represión brutal non poido con este movemento que falaba de paz, e Roma non tivo máis remedio que convertirse. Pouco despois, a capital de occidente “deixou a política” definitivamente, para ocuparse nos asuntos da fe, na lexitimación do poder real e na concesión de pasaportes ao ceo.

1.22.1 felixbernetFoto: Felixbernet


O imperio que durou mil anos, deixou unha Europa roma: Ducias de linguas e culturas desapareceron para sempre. Do xigantismo imperial pasouse a un feudalismo incrustado nunha relixión allea ao pobo, altamente organizada. Nos mil anos seguintes, no nome de Deus perpetráronse as maiores barbaridades, mentres os pequenos feudos confluían constituíndo os estados europeos modernos, a cuxa sombra medraron os bancos, regados coa prata e o ouro de América. Xa no século XX, apoiado nas tecnoloxías do discurso, o pensamento único ocupou o espazo que deixaba a unha fé cada vez máis desacreditada.
Hoxe o discurso é negocio. Tanta avidez por manipular a opinión e negar evidencias, resulta nun discurso imposible de crer para a maioría. Ábrese máis se cabe o campo ao librepensamento, á racionalidade colectiva, á acción en prol do ben común. É máis que necesario: os donos do mundo instrumentalizan aos gobernos e aos medios de comunicación, mentres perdemos os dereitos conquistados sobre millóns de mortes innecesarias.

“Hoxe en día o discurso é negocio. Da manipulación da opinión e a negar evidencias resulta un discurso imposible de crer para a maioría”

No estado español, rico en dirixentes expertos en ocultar, desgobernar e roubar, aparece un rapsoda con coleta desafiándoo todo. Moita xente sorrí ante a posibilidade de xogarlla aos falsos, que pola súa banda están a incorporar algúns dos os seus argumentos. Máis pouco valen os discursos no mercado internacional, rexido por outros valores: Grao, Petróleo, Minerais, Man de obra Barata, Capacidade Tecnolóxica, etc… Dos que este país é consumidor neto.
O discurso evoluciona: Ten un longo camiño ata chegar ás bases, ser significativo e operativo na tarea de asegurar a supervivencia da “macrotribu” na economía globalizada, e de repartir humildemente os esforzos e o pan entre os seus membros.

Autoría: Juan Pablo Forti

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *