Educación nas cadeas? eles mesmos o din.

Menos cárceres

Textos extraídos de informes da ONU:

“É moi difícil que a educación poida prosperar nun medio no que impera o castigo. De feito, o castigo é contrario á educación.”

“A listaxe de obstáculos, extensa e de alcance mundial, inclúe exemplos alarmantes de casos nos que a educación é interrompida por caprichos persoais dos funcionarios da prisión ou por frecuentes encerros nas celas ou traslados […], a confiscación xeneralizada do escaso material escrito e educativo existente, as listas de espera de ata tres anos para acceder aos cursos e o acceso limitado, e a miúdo inexistente, á tecnoloxía da información.”

“Aínda que a educación debería ser un obxectivo fundamental  das prisións, na práctica rara  vez é máis que unha actividade marxinal e mediocre.”

“As prisións son organizacións autoritarias e burocráticas que se preocupan ante todo pola seguridade e que tenden a ver a punición como a súa función primordial. Por tanto, nos centros penitenciarios non se da á educación a atención e o apoio que necesita. […] aínda que a educación debería ser un obxectivo fundamental das prisións, na práctica rara vez é máis que unha actividade marxinal e mediocre, no mellor dos casos. Os resultados son evidentes: expectativas limitadas, un baixo nivel de rendemento académico, programas de estudo deficientes, unha matrícula moi reducida, etc.”

Isto agrávase nos casos de presos/as en illamento ou dos/as nenos/as que viven nas cadeas.

NOVAS:

  • J.Manrique, preso en loita , liberado fai uns meses por enfermidade terminal, morreu en setembro. A pesar da gravidade da súa enfermidade mantivo un enfrontamento directo coa prisión ata a súa morte. DEP.
  • Continuase pedindo a liberdade do preso galego J.A. Vilasó Pardavila, preso no cárcere de Mansilla de Mulas onde, a pesar da súa enfermidade incurábel, o manteñen en illamento por loitar.
  • Despois de 60 días, suspenden a folga de fame contra o illamento nos cárceres de California.
  • Conseguido o traslado do preso galego anarquista Gabriel Pombo da Silva a Galiza. Dende Xullo atópase no cárcere de A Lama, despois de anos fóra da súa terra en cárceres de Alemaña e España.

Grupo de apoio á Campaña Cárcere=Tortura da Galiza Sur.noestansolxs@gmail.com

Foto Esculapio Pérez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *