Sen ánimo de comezar facendo un extenso repaso da actual situación do mundo, semella que hai un considerábel consenso cando menos científico –sempre hai personaxes exóticos que negarán a maior– sobre a existencia dunha crise ambiental sen precedentes: o cambio climático, a extinción de especies, a contaminación dos ríos e mares, etc.
“Non nos enganemos: a resposta á crise ambiental á que nos enfrontamos non pode vir a través de pequenas modificacións que reparen os “pequenos desaxustes” do modelo actual”