Esta semana atopamos máis un exemplo de maltrato animal. Desta vez, feita nas instalacións do Cirkus Kaos instalado no concello de Mos. A pesar de contar cun repertorio variado de malabaristas e pallasos, é un dos circos que se resiste a abandonar a utilización de animais. Animais forzados a vivir en condicións aberrantes para a súa natureza e adestrados para desenvolver actividades antinaturais para o lecer dos humanos. O caso dos leóns é paradigmático, en lugar de estar na sabana africana terán que soportar en gaiolas minúsculas as xélidas noites desta semana.
Arquivos da etiqueta: Verdegaia
Horarios de transporte metropolitano
O acordo baleiro de contidos co que finalizou a 20ª conferencia da ONU sobre a Mudanza climática celebrado en Lima é máis un reflexo da desidia coa que os gobernantes encaran este grave problema, ao mesmo tempo que demostran ser incapaces de apostar firmemente polas enerxías renovábeis.
Esa desidia tamén se manifesta nas administracións máis próximas, a lentitude na implantación do transporte metropolitano na área de Vigo é un claro exemplo de como en moitas ocasións as administracións públicas antepoñen intereses partidarios ao interese xeral.
Soberania alimentar.
O sistema industrial de produción e comercialización de alimentos caracterízase pola insustentabilidade, a oligarquía e a exportación relegando a un segundo plano a satisfacción das necesidades alimentares das poboacións locais. Centrada na obtención dun beneficio capitalista, actúa dun modo que impide a labregos e labregas acceder aos recursos necesarios para producir os alimentos básicos e reduce á mínima expresión a capacidade do consumidor de decidir que alimentos consumir. Ainda máis
Comparativa interurbana de medios de transporte.
Habitualmente, destacamos as vantaxes dos medios de transporte máis sostibles no medio urbano como a bicicleta ou o transporte colectivo pero tamén é interesante analizar a súa competitividade nos desprazamentos interurbanos. Ainda máis
Política enerxética da UE.
Bicirresistencia.
O 19 de Abril celébrase o Dia da bicicleta, efeméride aproveitada para exaltar as súas vantaxes relativas: non contamina, minimiza a ocupación do espazo público e promove a actividade física.
Pero o uso da bici supón algo máis, algo que a miúdo pasa desapercibido incluso para os que a utilizamos acotío: é un símbolo de resistencia e de rebeldía que confirma como moitas veces as alternativas están ao noso alcance. Ainda máis
A importancia dunha Educación Ambiental transformadora.
Sen ánimo de comezar facendo un extenso repaso da actual situación do mundo, semella que hai un considerábel consenso cando menos científico –sempre hai personaxes exóticos que negarán a maior– sobre a existencia dunha crise ambiental sen precedentes: o cambio climático, a extinción de especies, a contaminación dos ríos e mares, etc.
“Non nos enganemos: a resposta á crise ambiental á que nos enfrontamos non pode vir a través de pequenas modificacións que reparen os “pequenos desaxustes” do modelo actual”
Consumir educadamente.
As crianzas están perdidas nun mundo no que as persoas adultas (aquelas que deberían por os cimentos para o benestar infantil) tamén o están. Proba disto é a tolemia colectiva reflectida na provocada adicción polo consumo bulímico de produtos de máis que dubidosa necesidade. Ainda máis