Fronte aos selos “oficiais” de certificación ecolóxica dos alimentos) xorden os Sistemas Participativos de Garantía, xa en marcha dende hai anos nalgúns países como Brasil, Perú, Uruguai, Nova Zelandia, Chile, Bolivia… Na península en Andalucía e Murcia. Ainda máis
Arquivos da etiqueta: Soberanía alimentaria
Soberania alimentar.
O sistema industrial de produción e comercialización de alimentos caracterízase pola insustentabilidade, a oligarquía e a exportación relegando a un segundo plano a satisfacción das necesidades alimentares das poboacións locais. Centrada na obtención dun beneficio capitalista, actúa dun modo que impide a labregos e labregas acceder aos recursos necesarios para producir os alimentos básicos e reduce á mínima expresión a capacidade do consumidor de decidir que alimentos consumir. Ainda máis
Soberanía alimentaria e feminismo.
A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) adoptou unha postura totalmente contraria á industria alimentaria no VI Encontro Internacional de Perú, 2006, ao asumir o principio de Soberanía Alimentaria dos pobos, como aspecto integrante e transversal dos catro campos de acción nos que decidimos organizar as nosas loitas. En alianza con Vía Campesina (VC), acordamos seguir profundando sobre este concepto e as implicacións que ten na vida das mulleres.
Soberanía alimentar práctica: o rexurdimento da cultura da landra.
O pasado ano, Dennis Meadows, autor do libro Os límites do Crecemento comentaba nunha entrevista á revista Format que se ben a produción de alimentos medra dende os anos 90, a poboación o fai aínda máis rápido. Ademais, cada caloría que inxerimos leva dez calorías de combustibles fósiles no seu ciclo produtivo, mentres as reservas de combustibles fósiles diminúen. Ainda máis