Política enerxética da UE.

Enerxía

Política enerxética da UE.

– Discurso oficial.

O  obxectivo da UE “20-20-20”, que promove acadar en 2020 unha diminución do 20% na emisión dos gases de efecto estufa (GEE), mellorar a eficiencia enerxética nun 20% e que as enerxías renovábeis xeren 20% do total da enerxía, non é máis que un lavado de cara verde que non se reflicte nas políticas que adopta na realidade.

Na realidade.

  • Promoción da enerxía nuclear no mix enerxético.
  • Subvencións a sectores altamente consumidores de enerxía como a automoción ou a aviación.
  • Sistema de Comercio de Emisións dos GEE, transmitindo que todo se pode mercantilizar e que o investimento en vez de procurar a redución no consumo debe utilizarse para mercar o dereito a consumir e contaminar aínda máis.

Alternativas:

Mix enerxético.

Cambio efectivo do mix enerxético, substituíndo as fontes de enerxía non renovábeis (petróleo, gas, nuclear) polas renovábeis (eólica, solar, mareomotriz), acompañado de medidas fiscais que reflictan o verdadeiro custe social e ambiental xerado por cada unha delas: contaminación, destrución de ecosistemas, desprazamento de pobos… O investimento nas renovábeis e a implantación de medidas que maximicen a eficiencia enerxética. Estes son sectores cunha elevada capacidade para crear postos de traballo e polo tanto son unha das saídas á actual crise capitalista.

Suficiencia.

A política económica europea centrada no ciclo productivismo-consumismo xera un continuo aumento da demanda de enerxía, xustificando así a necesidade de contar coa enerxía nuclear ou os combustíbeis fóseis. Nunha sociedade que promova a suficiencia, a produción enerxética debe limitarse a satisfacer as reais necesidades das persoas e non as de sectores e intereses alleos á cidadanía.

Soberanía enerxética.

A dependencia dos combustíbeis fóseis anula a soberanía enerxética e conduce a tensións xeopolíticas xeradoras de guerras e miseria. Fronte á rede europea de enerxía cumpre orientar a produción enerxética ás necesidades de cada pobo camiñando así cara ao autoabastecemento. As enerxías renovábeis teñen aquí unha importante vantaxe comparativa xa que practicamente en calquera comarca se pode aproveitar a enerxía do vento, do Sol ou das mareas, permitindo unha efectiva descentralización e achegar o local de produción ao local de consumo. Verdegaia. Ilsutración Peri.http://periantio.blogspot.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *