“Este libro trata da inviabilidade e insustentabilidade a medio e longo prazo do proxecto europeo e a necesidade do seu desmantelamento”
“La compleja construcción de la ‘Europa’ superpotencia. Una aportación al debate sobre el futuro del Proyecto Europeo y las resistencias que suscita”, Ramón Fernández Durán (Virus editorial), é un libro pretende ser unha análise do longo camiño percorrido dende a construción da Europa do capital e das resistencias ata o seu despregamento, así como unha proposta acerca da necesidade de deconstruir o proxecto europeo para conseguir un mundo máis xusto e sustentable. Aborda o rapto de Europa polo capital ao longo da historia; os porqués do inicio da construción do proxecto europeo e da súa evolución; a forxa da UE co Mercado Único e a moeda única; o mundo post-11-S, unha nova ameaza para unha UE que acentúa a súa proxección cara ao leste; a inviabilidade e insustentabilidade a medio e longo prazo do proxecto europeo e a necesidade do seu desmantelamento, transcendendo tamén os Estados-nación que o compoñen, co obxecto de abrir novas vías de transformación político-social dende abaixo.
Lapsus distribuidora alternativa. lapsus@sindominio.net.