As primaveras do “barrio do cura“.

barriodocura

“As primaveras do Barrio do Cura” é un proxecto que dende o ámbito artístico fai un chamamento á cidadanía para facer fronte ao devastador proceso especulativo de Karpín e Cía.

Mediante videocreacións nas que participan cineastas, poetas, músicas e bailarinas locais, os breves clips mostran os valores do patrimonio histórico-cultural e da vida que aínda perdura no chamado “Barrio do Cura”: a rica auga da fonte da Barroca, a frescura que se sente no lavadoiro de Poboadores, a beleza da súas rúas centenarias, a feitura da arquitectura popular ou a vitalidade do verde que aínda medra e se cultiva na milenaria horta do convento de San Francisco… Trátase, tamén, de evocar as oportunidades que este anaco de Casco Vello podería ofrecernos a todas para producir, festexar, habitar, transitar, conservar, crear… se non fose malvendido e maltratado polo Concello.

Xa podedes ver o primeiro clip en http://vimeo.com/100652641… séguenos.

Colectivo As primaveras do “Barrio do Cura“

Revista que me narras.

quemenarras

Coñecémonos na sección de caza do Corte Inglés durante un mitin de Convergencia i Unió. Na produción da nosa instalación de tapas de iogures no MOMA sorprendeunos a crise da papaia indonesia (nós diciamos non).

O noso grande traballo interesoulle a importantes empresas como Cisco Systems, Gazprom e Frutas Katuxa. Recibimos un Nobel de literatura grazas a iso, compartido con Alexander Infojobs Senior (fundador do efectivo portal de traballo).

Ao destapar a relación entre Corea do Norte e Kenny G. chamamos a atención do F.M.I., que nos confiou o labor de desestabilizar o mundo árabe, as Azores, Perejil e Swazilandia.

Actualmente compartimos a nosa base coa sede de Al-Qaeda de Coia (a carón do Economato de Citroën). Se tes algún problema e nos atopas, quizais poidas contratarnos.
Siguenos en: https://www.facebook.com/quemenarras

Quemenarras Revista

“Caliban e a bruxa. Mulleres, corpo e acumulación orixinaria.”

1.14.4

Gustaríanos recomendar este libro, pois consideramos fundamental para comprender a situación actual na que nos atopamos entender o pasado e as loitas que nel se desenvolveron. Silvia Federici fálanos das movementos milenaristas e heréticos, a loita polo común, mulleres e a herejía, as loitas urbanas, a política sexual, o surximiento do Estado e a contrarrevolución, a privatización da terra, a depreciación do traballo feminino, a época da quéima de bruxas, a caza de mulleres… que se sucederon en Europa e no “novo mundo”. A historia das mulleres e da dura represión que sufriron non deixa de ser a mesma historia que esta sucedendo hoxe día, diferentes épocas diferentes medios
represivos, diferentes formas de resistencia e liberación.

Porque só a acción faranos libres…, Nin un paso atrás!!!
Pode descargar a obra en http://www.traficantes.net/libros/caliban-y-la-bruja

Cárcere=Tortura

Cárceles en llamas.El movimiento de presos sociales en la transición.

copelCando tras a morte de Franco se abriron as portas das prisións para deixar saír aos opositores políticos á ditadura, ninguén imaxinaba o que viría a seguir. Ante a omisión da súa causa nas medidas de amnistía, os presos comúns subiron aos tellados para reclamar a liberdade e unha mudanza radical do sistema penal e penitenciario.

“Trala morte de Franco, os presos comúns subiron aos tellados para reclamar a liberdade e unha mudanza radical do sistema penal e penitenciario.” Ainda máis

Colectivo transeún3.

1.11.5

Pasamos as nosas vidas como espectadores: crecendo, consumindo e estudando áreas  en relación ao audiovisual. Por isto decidimos formar parte da creación que está a suceder perante nós, comezando o noso proxecto nun país descoñecido. Somos integrantes deses máis de 6 millóns de desempregados, os primeiros segundo a lista de Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos. Decidimos mercar un billete a México para inicios de setembro do 2013, onde a través da experiencia sentamos as bases e a dirección a seguir. Partindo da nosa liberdade creativa, orientamos os nosos coñecementos audiovisuais a persoas, colectivos e asociacións que desenvolvan actividades de interese; aproveitando as vantaxes que se poden obter do mundo globalizado no que vivimos. Ainda máis