Colectivo transeún3.

1.11.5

Pasamos as nosas vidas como espectadores: crecendo, consumindo e estudando áreas  en relación ao audiovisual. Por isto decidimos formar parte da creación que está a suceder perante nós, comezando o noso proxecto nun país descoñecido. Somos integrantes deses máis de 6 millóns de desempregados, os primeiros segundo a lista de Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos. Decidimos mercar un billete a México para inicios de setembro do 2013, onde a través da experiencia sentamos as bases e a dirección a seguir. Partindo da nosa liberdade creativa, orientamos os nosos coñecementos audiovisuais a persoas, colectivos e asociacións que desenvolvan actividades de interese; aproveitando as vantaxes que se poden obter do mundo globalizado no que vivimos.

Os obxectivos:

Propor a ferramenta audiovisual como medio de difusión e xestión cultural.
Establecer conexións coa arte e cultura mexicanas, achegando a súa realidade a aqueles que sigan a nosa actividade na web (www.transeun3.com)

Plasmar dun xeito independente o noso punto de vista sobre as experiencias vividas ao longo desta viaxe.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *