As primaveras do “barrio do cura“.

barriodocura

“As primaveras do Barrio do Cura” é un proxecto que dende o ámbito artístico fai un chamamento á cidadanía para facer fronte ao devastador proceso especulativo de Karpín e Cía.

Mediante videocreacións nas que participan cineastas, poetas, músicas e bailarinas locais, os breves clips mostran os valores do patrimonio histórico-cultural e da vida que aínda perdura no chamado “Barrio do Cura”: a rica auga da fonte da Barroca, a frescura que se sente no lavadoiro de Poboadores, a beleza da súas rúas centenarias, a feitura da arquitectura popular ou a vitalidade do verde que aínda medra e se cultiva na milenaria horta do convento de San Francisco… Trátase, tamén, de evocar as oportunidades que este anaco de Casco Vello podería ofrecernos a todas para producir, festexar, habitar, transitar, conservar, crear… se non fose malvendido e maltratado polo Concello.

Xa podedes ver o primeiro clip en http://vimeo.com/100652641… séguenos.

Colectivo As primaveras do “Barrio do Cura“

O enrarecemento dos bens públicos e comúns no chamado Barrio do Cura.

Barrio do curaEstes días lemos na prensa do sistema que o proxecto de especulación urbanística no chamado “Barrio do Cura” é de inminente realización. Aprobados todos os requerimentos administrativos, o proxecto só depende dunha achega de capital por parte dun/s magnate/s ruso/s indeterminado/s. Ainda máis