Cando tras a morte de Franco se abriron as portas das prisións para deixar saír aos opositores políticos á ditadura, ninguén imaxinaba o que viría a seguir. Ante a omisión da súa causa nas medidas de amnistía, os presos comúns subiron aos tellados para reclamar a liberdade e unha mudanza radical do sistema penal e penitenciario.
“Trala morte de Franco, os presos comúns subiron aos tellados para reclamar a liberdade e unha mudanza radical do sistema penal e penitenciario.”
Á fronte do movemento de presos sociais, a COPEL asinou os manifestos que acompañaron as folgas de fame, autolesións e motíns mediante os que se reivindicaron como vítimas do franquismo. A deriva cada vez máis violenta destas accións, tanto no seu desenvolvemento como na súa resposta gobernamental, marcou de xeito indelébel os anos da Transición. Foi tal a relevancia que adquiriron as protestas e tanta a alarma
social que xeraron as imaxes dantescas de prisións esnaquizadas e presos feridos ou mortos, que o goberno viuse empurrado a emprender unha reforma urxente do sistema penitenciario. Un percorrido atravesado por episodios escuros e zonas de sombra sobre os que esta obra aporta luz e rigor, sen renunciar a un enfoque crítico que cuestiona o discurso hexemónico sobre o proceso que sentou os piares do encerro contemporáneo.
Ficha técnica: César Lorenzo Rubio, Virus editorial.
Virus editorial, Barcelona 2013. Rústica 21x 25 cm, 440 páxinas. 24 euros.
Lapsus distribuidora alternativa.