“El arte de Céline y su tiempo”.

1.13.4.1

“Quen inventa que mentiras na actualidade? Por que medios? Para servir a quen?”

Michel Bounan, Pepitas de Calabaza.

Os autores de novelas policíacas non sempre ocultan hoxe en día o ter sido eles mesmos antigos ou novos policías. Saben do que falan. Podería parecer que a intriga desenvolvida no presente libro a través de tres historias – os chamados complots xudeus de primeiros do século XX, a controvertida obra literaria de Céline a cabalo das décadas dos anos trinta e corenta e, finalmente, o actual revisionismo histórico por parte de antigos esquerdistas- non ofertan ao lector o mesmo tipo de garantía. Porén trátase de historias certamente reais. Os lectores destas historias descubrirán nelas sen esforzo bastantes semellanzas como para recoñecer a trama dun mesmo proceder. E para respostar pola súa conta ás preguntas que esta suscita: quen inventa que mentiras na actualidade? Por que medios? Para servir a quen? Contra quen, aparentemente? E realmente?

Lapsus distribuidora alternativa. Http://lapsusdistribuidora.blogaliza.org/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *