Pesadelos.

Pesadelos

Unha noite de pesadelos…soñei que falaba coa nena de Rajoy. Que a golpe de crise madurou de súpeto e converteuse na nena do exorcista, a súa cabeza daba voltas e comezaba a cuspir e vomitar sobre a cara de Rajoy nunha foto de prensa , e cada
vez máis vómito, e cunha voz que daba medo, falando dos corruptos, dos ladróns,
da inxustiza, da falsa xustiza deste país, da lenta, hipócrita xustiza que se esquece de
facer xustiza, que se esquece de traballar contra os verdadeiros delicuentes do
estado e se apresura a xulgar a aqueles que non deixan de ser vítimas, vítimas das
consecuencias dos verdadeiros delicuentes deste país.

Definitivamente eles son o demo, definitivamente nesta parte do mundo tamén fede a xofre.

Lilasempre.

Foto: Lau.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *