Sabes canto inviste a UE en Defensa?

eu navforceSabías que o gasto militar dos países da UE supera os 200.000 millóns de euros ao ano? Sabías que Reino Unido, Francia, Alemaña e Italia figuran entre os dez países con maior gasto militar no ano 2012?

Sabías que, contando os efectivos dos exércitos en Europa, das forzas “paramilitares” e das forzas de reservistas, Europa conta con máis de 6 millóns de persoas adestradas e dispostas para a guerra e a intervención militar?

Sabías que 24 dos 28 países da UE coordinan a súa política militar baixo a OTAN?

Sabías que a UE participou ata agora en trinta e cinco operacións militares no exterior, contando con forzas militares propias e dos estados membros? Sabías que pode despregar entre 50-60.000 soldados a máis de 4.000 km de distancia e de sesenta días e mantelos durante un ano en guerra?

Sabías que a UE ten o segundo complexo militar industrial máis potente do planeta e que a suma das ventas anuais de armas das industrias militares de países da UE superan os 115.000 millóns de dólares?

Sabías que a UE conta con estruturas militares propias que duplican as dos estados que a integran: ten un Estado Maior da Defensa, unha Axencia Europea de Defensa, un Comité Militar, un servizo de espionaxe, cuarteis xerais, corpos de exército, entre outros?

“Sabías que existe unha “doutrina” de seguridade da UE e que na súa definición e control non pintan nada nin o Parlamento Europeo, nin ningún dos órganos representativos da UE?”

Sabías que existe unha “doutrina” de seguridade da UE e que na súa definición e control non pintan nada nin o Parlamento Europeo, nin ningún dos órganos representativos da UE?

Sabías que a política do Frontex desenvolve unha postura militar para o tratamento das migracións?

A política de seguridade da UE está altamente militarizada e ten un enfoque ofensivo e intervencionista. Existe un potente lobby militar que inflúe decisivamente nesta política e na construción dun polo militar-industrial que promova a venda de armas e a exportación de conflictos internacionais. Toda esta política págase cos impostos da cidadanía e practícase de costas á sociedade e sen contar coa súa opinión. É insolidaria coas necesidades sociais europeas e do resto do mundo e tan só busca fortalecer os intereses da oligarquía do capital. Pódese aspirar á desmilitarización da defensa en Europa e no planeta e apostar pola seguridade humana en vez da seguridade militar. Pero a UE non o fai.

Baladre. Texto extraído da campaña “De que vai a UE” (Baladre, CGT e Ecoloxistas en acción): http://www.coordinacionbaladre.org/sabias_que

Foto: Rock Cohen

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *