Carril bici en Vigo.

carril bici vancuverUnha ampla rede de ciclovías comunica Vancuver co seu entorno.
Foto: rodadas.net

O carril bici é aquel sinalizado axeitadamente para bicicletas, ou ben calquera vía independente na que se permite o tránsito delas. Moitos cidadáns demandamos alternativas de mobilidade moito máis sostíbeis e saudábeis có uso de vehículos a motor.
Por esa razón resulta sorprendente que nunha cidade como Vigo non se promova a creación dalgunha iniciativa que favoreza o uso e o aluguer de bicicletas por parte
do Concello. Ainda máis

Bicirresistencia.

bicirresistenciaO 19 de Abril celébrase o Dia da bicicleta, efeméride aproveitada para exaltar as súas vantaxes relativas: non contamina, minimiza a ocupación do espazo público e promove a actividade física.

Pero o uso da bici supón algo máis, algo que a miúdo pasa desapercibido incluso para os que a utilizamos acotío: é un símbolo de resistencia e de rebeldía que confirma como moitas veces as alternativas están ao noso alcance. Ainda máis