A manipulación informativa.

manipulacion informativaSituación actual.

Se ben ata finais do século XX foron o compendio de prensa, radio, cine e televisión os conformaban a comunicación social, agora mesmo son principalmente os medios audiovisuais, os que ocupan unha posición dominante. Os medios en papel, que foran paulatinamente popularizados nas xeracións anteriores, están agora relegados. Hoxe en día, a formación do pensamento político das persoas faise principalmente a través da comunicación audiovisual da televisón, o cine, a web e as redes sociais (youtube, facebook,…).

En xeral, os estandares da producción e transmisión audiovisual son moi altos, inalcanzables para as clases populares. Por unha banda precisase unha gran capital para producilos e promocionales, e por outra banda, existe un ferreo control estatal e de corporacións privadas sobre as canles de transmisión maioritarias: é o caso das licencia de emisión radiotelevisiva ou a censura sobre o facebook, youtube, etc… Así pois, a cidadanía debe ter en conta, que a comunicación audiovisual ainda que sexa “popular”, está en realidade baixo os intereses de grandes corporacións capitalistas e partidos políticos.

Esta situación hexemónica crea unha forte contradición co concepto de democracia, xa que anulase a capacidade das persoas para involucrarse e decidir por si mesmas. Controlando a creación e difusión da información é como logran un poucos implantar entre a maoiría un consenso ideolóxico ao seu favor.

Qué podemos facer?

Sen un control social dos medios de comunicación é imposible acadar unha sociedade libre e democrática. Por iso é preciso participar, na medida do posible, nos medios de comunicación de masas xa existentes, pois é necesario que a nosa voz apareza nos maiores espazos posible: trátase de contrarrestar, o fío ideolóxico dos poderosos e dotar de argumentos ao conxunto da cidadanía. Se son os medios de masas os que crean ideoloxía, teremos que estar presentes neles.

“Sen un control social dos medios de comunicación é imposible acadar unha sociedade libre e democrática.”

Por outra parte, e dado que o anterior é difícil nunha correlación de forzas tan desfavorábel, faise necesario construír medios de comunicación propios. Un medios de amplo alcance, que teñan a capacidade de dotar á maioría da súa propia ideoloxía e afastala dun discurso totalmente contraproducente para a súa propia realidade material.

Autor Ecoar)))

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *