No estado español cada ano fabrícanse máis de 300 millóns de libros, deles perto do 25% son os “libros de texto non universitarios (principalmente de Primaria e a ESO, estudos obrigatorios). En diñeiro isto tradúcese nuns 750 millóns de euros que son un gasto “obrigatorio” para boa parte da cidadanía; as familias con escolares gastan unha media de 200 euros ao ano somentes nestes libros. Entretanto, no curso 2012/13 o goberno do estado español reduciu as axudas a merca deste tipo de libros un 47 % (61 millóns menos); nese curso, 578.549 escolares deixaron de recibir axuda algunha para mercarlos.
É paradoxico e cruel, a industria editorial española ten potencial para cubrir as necesidades de varias veces as súa poboación escolar, pero como o libro de texto é considerado polo sistema coma outra mercadoría máis, moitisimos escolares teñen dificultades para acceder a unha das suas principais ferramentas de traballo.
O problema dos libros de texto e do sistema educativo en xeral, é outra das falcatruadas do capitalismo na nosa sociedade: ante a Crise, cada día esixese maior formación laboral e cultural (“temos que ser competitivos” din os gurús neoliberais*), pero ao mesmo tempo desmóntanse os servicios sociais do Estado do Benestar que facilitaban o acceso a ela, sen que se deixe agromar a resposta social solidaría. O resultado é un abismo que se esta abrindo baixo os pes de millóns de xóvenes que están quedando sen unha educación de calidade.
De non cambiar o rumbo radicalmente, pronto o problema da nosa sociedade non será a burbulla inmobiliaria, as dificultades financieiras ou a deslocalización industrial; nunha xeración, o problema dos Xóvenes Aunque Sobradamente Preparados convertidos en mileurista e MacTraballadores precarios será irrisorio comparado co panorama de millóns de xóvenes que unha vez excluidos da educación, tamén o estarán totalemente do traballo digno, os bens básicos e a cultura. De afondar esta fenda educativa, a cultura deixará de ser un medio de cohesión e progreso social, para pasar a ser unha descarnada forma de opresión e explotación dunha parte da sociedade sobre outra.
* ”A educación é o motor que promove a competitividad da economía e o nivel de prosperidade dun país.” Primeira oración do preámbulo da proposta de “Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa”
Autor Revista A Boia
Ilustración Pels.