Feito plural a través do cal se transmiten coñecementos, valores e costumes, a partir de accións e actitudes que existen nunha sociedade e cultura determinadas.
Cales son as cifras globais da educación (segundo a Unesco)?
- 61 millóns de nenos/as en idade escolar non asisten á escola.
- Masificación das aulas: En República Centroafricana hai 1 docente por cada 84 alumnos/as e en Malawi 1 por cada 79 alumnos/as.
- Falla de medios: hai rexións do mundo, como na Provincia Nororiental de Kenia, nas que só o 8% do alumnado dispón de libros de texto.
- Son moi numerosos os países nos que os docentes teñen que completar o seu salario con outro traballo.
- En 2012 existen 775 millóns de persoas analfabetas. Case dous terzos son mulleres. A maioría concéntranse en Asia e África.
- No mundo cómpren 6,8 millóns de docentes.
- O 38% da infancia de Africa e o 47% de Asia Meridional está desnutrida (en África morreron 3,8 millóns de nenos/ as antes de cumprir os 5 anos), o que afecta ao seu desenvolvemento e estrutura cerebral.
Cales son os problemas do sistema educativo en Galicia?
“Na elaboración da Lei Wert non se contou coa comunidade educativa nin con outras administracións.”
a) Lei Orgánica para a Mellora da Calidade da Educación (LOMCE ou “Lei Wert”)
- O Ministerio de Educación está intentando implantala para o curso 2014/2015.
- Carácter non democrático. Na elaboración non se contou coa comunidade educativa nin con outras administracións; ademais a dirección pasa a nomeala a administración e o consello escolar deixa de ser decisorio.
- Concepción mercantil da educación. Os mercados considéranse por riba das persoas. A lei non busca a formación integral dunha cidadanía, senón pezas do sistema produtivo.
- Basea a educación na exclusión e a segregación. A escola pública pasa a ser subsidiaria da privada a quen se lle amplían os concertos. Exclúese o alumnado con dificultades e vulnérase a igualdade de oportunidades. Ademais permite a separación de sexos, crenzas e procedencia social.
- Entende a educación de xeito antipedagóxico. Impón probas externas (reválidas) como control de calidade e permite publicar rankings. Reduce a tarefa do profesorado á mera instrución, sen medios para atender á diversidade do alumnado.
b) Decreto 79-2010, un ataque frontal á lingua galega.
- Viola a Carta Europea das Linguas no artigo 8.1, pois non prevé un modelo de inmersión lingüística.
- Viola a Lei Orgánica de Educación nos artigos 9.2, 26.2 e 35.2, pois permite que o alumnado non empregue a lingua vehicular establecida para as materias.
- Viola a Lei de Normalización Lingüística no artigo 13, porque non respecta o ensino na lingua materna; no artigo 13.2, porque diminúe por primeira vez a porcentaxe de materias en galego.
- Obriga o profesorado á insubmisión pois o decreto promove o incumprimento dos tratados internacionais e das leis establecidas.
c) Ofensiva total en contra o sistema publico.
“A Xunta de Galicia financia os 5 centros de Galicia que segregan por sexo (4 ligados ao Opus Dei) a pesar de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarao ilegal esta práctica.”
- A Xunta de Galicia financia os 5 centros de Galicia que segregan por sexo (4 ligados ao Opus Dei) a pesar de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarao ilegal esta práctica.
- Dende o 2009 a Xunta dedicou máis de 1000 millóns de euros aos centros privado-concertados e renovou o concerto por 942 millóns de euros para os vindeiros 4 anos.
- A contrapartida é que a Xunta suprimiu 111 centros públicos en 4 anos e medio que leva no goberno.
- Dende o inicio do 2013 suprimíronse ademais 1.225 docentes da pública, pero mantéñense 1.000 de relixión católica colocados/as polas autoridades eclesiásticas sen control da administración galega e sen someterse a ningún proceso público. Así centos de alumnos/as reciben a materia dun profesorado non especialista que realiza tarefas para as que non está formado/a.
- A Xunta suprimiu o programa de libros gratuítos para todo o alumnado e anunciou que espallará o “repago” nos comedores de centros públicos.
- Na universidade pública suprimíronse postos de profesorado (substituídas por persoas non especialistas) e máis de 400 investigadores/as (coa conseguinte paralización dos proxectos).
Foto: Governo de Minas Gerais
E ti, que podes facer?
Ti es un ente activo que fai reaccionar á contorna. Formas parte dunha sociedade sobre a cal inflúes. Debes ser consciente que ti te educas e axudas a educar ao resto das persoas que te rodean en cada situación na que participas. O teu rol debe ser reflexivo, crítico e activo. Así que infórmate, participa e informa sobre as alternativas ao sistema convencional de educación: dende o ensino na casa aos centro educativos alternativos (Pumariños, O Pelouro, A Semente ou Meniñeirxs, son algúns exemplos galegos); participa nas estruturas que existen e nas que outra xente se coordina para tentar mudar a situación actual (organizacións, sindicatos, asociacións, colectivos,…) e por suposto… asiste ás iniciativas e accións que se mobilizan contra un sistema educativo clasista, ilexítimo, inxusto e desigual. Os vindeiros 22, 23 e 24 de outubro haberá folga xeral do estudantado e ese mesmo día, 24 de Outubro, a folga xeral será apoiada tamén por profesorado, nais e pais.
Autor Ecoar)))