O capitalismo está convertindo o mundo nunha cárcere. Non estamos falando das cadeas da alienación económica e moral, nen das barreiras do clasismo, ou a prisión da miseria, estamos a falar de cárceres de muro altos e fríos, con fiestras enrexadas e gardias armados ao soldo do estado. Estamos a falar de centros onde hai persoas ailladas do resto da nosa “sociedade do benestar”, persoas encerradas con falta de atención médica e educacional; despoxadas de dereito e xustiza, están expostas ao maltratato física e psicolóxico, sobre todo dos funcionarios de prisións e policía.
En cada un dos nosos ámbitos, a crise económica está facendo avanzar o aparato represivo do estado e as forzas paramilitares do capitalismo. Despois de décadas brandindo a bandeira da liberdade, os estados europeos poseidos polo neoliberalismo están desenvolvendo as súas institucións policiais e penitenciarias e unha lexislación represiva. Disidentes políticos, activistas culturales, migrantes, minorías étnicas, pobres e diverxentes, están sendo victimas dun sistema inhumano escondido á maioría da opinión pública.
Pouco a pouco os paises europeos semellanse máis ao americanos. Aos EE.UU. onde hai 2,3 millóns de persoas presas (o 1% da poboación), ou tamén aos paises Latinoamericanos, onde son frecuentes as “urbanizacións fechadas”, con valados e seguridade privada que permiten ás élites de Buenos Aires, Rio de Janeiro ou Bogotá, vivir alonxadas da miseria que elas mesmas crean.
No estado español a poboación reclusa non para de medrar, somos o pais do noso entorno con maior porcentaxe de persoas presas (159 persoas presas por cada 100.000 hab., frente aos 96 da media europea). Ademáis recentemente estase a impor a xestión privada da “seguridade”: o goberno do PP esta promovendo por unha banda a entrada de empresas de seguridade nos cáreceres estatais, e a vixianza privada da vía pública.
Hoxe en día, e cada vez máis, en Europa a liberdade das persoas termina onde comezan os privilexios dos capitalistas.
O pasado 3 de decembro o cidadán armenio Aramis Manukyan, Alik, morreu nun Centro de Internamento de Extranxeiros de Barcelona. Alik morreu, según a policía, aforcándose na sua cela, sen embargo outros reclusos denuncia que virón como esa mesma noite foi mallado polo policía, e por outra banda ,os seus achegadosos non entende como el podia terse aforcado, cando neses días estaba prevista a súa repatriación a Armenia, onde lle agardaba a súa familia.
Non podemos perdoar a morte de Alik.
Non podemos permitir que os capitalistas nos encerren nas súas cárceres.