Editorial (Decembro).

portada_9_webO pasado 27 de outubro, a peridista de “La Sexta” Ana Pastor entrevistou ao ministro Miguel Arias Cañete (o ministro de Alimentación que come iogures “caducados”). Nun momento dado, Ana Pastor tocou o tema de actualidade naquela semana: “este goberno podería facer algo sobre a sentencia de Estrasburgo sobre a Doutrina Parot?”. O ministro tentou evadirse apelando as propostas de modificación do Código Penal que fixeran os “populares” nos anos 80 e 90, para suprimir a reducción de penas por beneficios penitenciaios. A periodista, non entendeu ou non quixo entender esta saída e voltou a carga: “pero ministro levan dous anos con maioría absoluta!”. Acorralado, Arias Cañete, que é licenciado en Dereito, explicoulle a periodista, que non, que a situación actual é inevitable xa que “as leis non teñen efecto retroactivo!”.

O ministro coñecía o Artigo 11.2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que é básicamente o mesmo que dí o Artigo 7 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e o Artigo 1 do Codigo Penal do Estado Español. É cousa de sentido común, as leis non poden ter efecto retroactivo.

Durante 90 meses no estado español violouse este dereito fundamental da humanidade e, prácticamente, ninguén denunciou. A opinión pública caeu baixo o silencio de chumbo do “pacto terrorista”. Arias Cañete (o ministro de Alimentación que come iogures “caducados” porque sabe que as datas de “caducidade” son exaseradas, pero non fai  nada para arranxalo), ainda que sabía de dereitos humanos, non dixo nada. Tampouco dixeron nada os seus compañeiros do “bipartidismo”. Nen os medios de comunicación maioritarios. Poucos foron as políticas, ou as membros da sociedade civil, que alzaron a voz sobre este asunto. Apenas si foron as compañeiras das persoas presas  directamente afectadas pola Doctrina Parot as que denunciaron. A eles é a quenes lles debemos a nosa liberación; gracias a súa loita, toda a poboación do estado español recuperou un dos seus dereitos fundamentais.

Cando un Estado viola os dereitos humanos de xeito sistemático; cando os cargos politicos, compórtanse coa hipócresía aintihumana de Arias Cañete, á cidadanía xa so lle queda unha opción: exercer de seu o artigo no 28 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que di que todos temos dereito a que se “estableza unha orde social e internacional no que os dereitos e liberdades fáganse plenamente efectivos”.

Autor Revista A Boia.

Ilustración Araceli.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *