O próximo martes 30 festa de presentación da revista .

Festa A BoiaO próximo martes día 30 a partir das 8 da tarde, faremos unha pequena festa de presentación no Bou Eva ( rúa Terzo de Fóra 13) para presentar  A Boia en sociedade.

Ademáis de falar un pouco deste proxecto que intentamos sacar adiante, poderedes disfrutar de grata compañía, bebidas frías e petiscos. Tamén da actuación de María Lado e Lucía Aldao e do seu espectáculo recitado.

Así que xa tedes plan para o martes pola tarde/noite, antes do día do traballo, FESTA!!!

A Boia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *