No século XVIII, na: “Asamblea Nacional Constituínte dos Estados Xerais (clero 291, nobreza 250 e terceiro estado o burguesía 577), reunida ao toque do rei Luís XVI, (1.118 deputados) nacía “A Declaración dos Dereitos do Hombe e o Cidadán de 1789”, a primeira xeración dos dereitos humanos con carácter de universalidade.
A segunda xeración nace coa Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 e inclúe entre outros o dereito á saúde, ao benestar, a unha vida digna ou á alimentación.
Na medida en que a sociedade evoluciona, son mais as necesidades dunha maior protección, polo tanto amplíase e posibilita a reivindicación da dignidade humana.
A Declaración das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano suscrita en Estocolmo 1972, xa establece un dereito do ser humano a: “condicións de vida satisfactorias en un ambiente no que a calidade lle permita vivir con dignidade e benestar”. Ou do “deber solemne de protexer e mellorar o medio ambiente para as xeracións presentes e futuras”. Existen outras declacións e, ou, resolucións (reunión mundial de Asociacións de Dereito Ambiental, Limoges 1990; Declaración
Conferencia Nacións Unidas Rio de Janeiro 1992; Cumio de Johanesburgo de 2002).
“Non é doado dixerir a sentenza sobre a catástrofe do Prestige sen que se declaren responsables directos. Acaso non teñen responsabilidades os que utilizan unha bomba flotante?”
Con tanta declaración, recomendación e lexislado, non é doado dixerir a sentenza sobre a catástrofe do Prestige sen que se declaren responsables directos. Acaso non teñen responsabilidades os que utilizan unha bomba flotante, (empresas armadoras, aseguradoras, as que revisan a seguranza de navegación, etc?. Non teñen responsabilidades os que xestionaron o accidente, Estado Español, capitán marítimo, ministro do ramo, capitan do barco, etc?
Tampouco é doado ver como se contamina con verquidos de augas fecais e industriais -sen depuración previa- as rías e ríos do noso territorio, coa compliciadade de Concellos, Comunidades Autónomas, Estado Español ou Unión Europea.
O dereito a unha utilización da natureza e a un bo estado medio ambiental forma parte da calidade de vida dos seres humanos e dos dereitos dos cidadáns, tanto a titulo individual como colectivo, pero tamén a obriga do coidado, preservación e defensa permanente que debe ser por sempre a nosa guía e norte do comportamento como seres humanos.
Autor Serxio Regueira Gómez. Presidente da Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo “CÍES”.
Foto: manuelc2005.