Botando a un lado por un momento todo o que é e significa o feminismo como acostumamos entendelo, gustaría centrarme desta vez nos valores humanos – moitas veces ignorados ou relegados a un segundo plano – que recupera e trae consigo á escena pública, sinalando con eso a súa evidente e preocupante ausencia.
- Sé o que es. Máis alá dos diversos roles que nos enclaustran, do que a sociedade espera de nós, hai un eu querendo despregarse. Somos libres para descubrirnos realmente e sernos, temos o poder para facelo, e de aí xorde a responsabilidade para con este poder, o deber de loitar para conseguilo.
“Sé o que es. Máis alá dos diversos roles que nos enclaustran, do que a sociedade espera de nós, hai un eu querendo despregarse.”
- A importancia da subxectividade, das diferentes, variadas e ricas formas de coñecer, fronte á falsa obxectividade dos feitos, que queren converterse na única. E recoñecer con eso que a razón non é máis que unha arma esgrimida polas emocións, capaz de xustificar calquera pretensión de verdade, que loita por facer predominar un interese fronte a outro.
- O xiro cara o corpo, noso corpo, o gran esquecido; sempre baixo o dominio da mente.
- A “ética do coidado”, máis atenta ao benestar das persoas próximas, as de aquí preto, que ao sufrimento abstracto de milleiros de persoas. E a afectividade como algo de primeira importancia, que implica comprender as emocións propias e as da outra persoa, respectándoas.
- O atreverse a coñecer de forma consciente a nosa persoa e á outra, a través do diálogo, onde a escoita activa e a sinceridade son as únicas ferramentas. A comunicación é a nosa maior forza, que nos pon en común coas demais persoas.
- E rescatar, entre outros, ao deshonrado amor, e a todos os xeitos posibles de entendelo, facelo e recrealo.
Autoría Daniel Álvarez Bouzó.
Foto Lau.