Ao saneamento das Rías Galegas.

1.10.2.1 angela musatA Platafroma de Defensa da Ría De Vigo “CIES” non dá crédito ó sucedido no Parlamento da U.E. nos últimos sete meses en que os europarlamentarios do Partido Popular fixeron todo o posible por impedir a redacción dun informe que reflicta exactamente o que acontece co saneamento integral das rías de Vigo, O Burgo e Ferrol así como co
inspeccionado pola Delegación Oficial da U.E. no mes de febreiro.

Afortunadamente para nós hai europarlamentarias que sen ser españois, teñen a decencia de defendernos como cidadáns europeos enfrontándose aos traidores da cidadanía galega: o Sr. Iturgaiz e o Sr. Millán Mon.

“Os gobernos de Galicia e do estado español intentan desvirtuar a situación real do saneamento das Rías Galegas.”

O que sucedeu onte na Comisión de Peticións da U.E é unha demostración de honradez por parte da ecoloxista letona Tatjana Zdanoka e a liberal austríaca Angelika Werthman. Con ela se pon de manifesto que non están dispostas a someterse á política feudalista que están a practicar os gobernos de Galicia e do estado español, os cales, a través dos
seus representantes, intentan desvirtuar a situación real do estado do saneamento
integral das Rías Galegas e impoñer un texto de informe, interesado, que non se
corresponde coa situación real das rías.

A P.D.R. DE VIGO CIES ten feito propostas e achegas concretas sobre o tipo de actuacións que se necesitarían para conseguir un saneamento total da ría de Vigo e a recuperación das zonas degradadas. Solicita que se destinen as partidas presupostarias dos fondos europeos necesarias para rematar estas infraestruturas, así como un rigoroso
control sobre as mesmas para que se destinen unicamente a estas obras.

A P.D.R. DE VIGO CÍES solicita do Parlamento da U.E. o máximo rigor na redacción do informe así como a inmediata toma de decisións que conduzan á pronta solución do saneamento integral e á rexeneración da ría de Vigo.

Serxio Regueira Presidente da Platafroma de Defensa da Ría De Vigo “CIES”

Foto Ángela Musat

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *