Tortura e pena de morte van xuntas.
O Estado mata friamente, de xeito premeditado, amparándose nunha lexislación como pouco inhumana, que incumpre tratados internacionais e non respecta o dereito fundamental á vida.
“O Estado mata friamente, de xeito premeditado: Ao final de 2012 había a lo menos 23.286 persoas condenadas a morte.”
Estes son algúns dos datos obtidos no informe anual de Amnistía Internacional do 2012:
Tense confirmación de 682 persoas executadas en 21 países neste ano. A maior parte en China, Irán, Irak, Arabia Saudí, Estados Unidos e Iemen. E reiniciáronse en Pakistán, India e Gambia, países que levaban anos sen ter execucións. Con todo non é posible coñecer a cifra exacta de mortes xa que estes datos, en moitos casos, son segredo de Estado ou están agochados.
Ao final de 2012 había a lo menos 23.286 persoas condenadas a morte.
Os métodos usados: decapitación, aforcamento, inxección letal, cadeira eléctrica, fusilamento, lapidación.
Dítanse penas de morte a persoas menores de idade, e con discapacidade mental.
Segue a haber execucións públicas (Irán, Corea do Norte, Arabia Saudí, Somalia).
Na maior parte dos países se condena a morte con procedementos xudiciais que non cumpren as normas internacionais, incluíndo confesións obtidas baixo tortura.
En España, a pesares de que a pena capital foi abolida definitivamente en 1995, aínda se conserva na constitución actual o artigo seguinte:
Art.o 15: “Todos teñen dereito á vida e á integridade física e moral sen que, en ningún caso, poidan ser sometidos a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes. Queda abolida a pena de morte, salvo o que poidan dispoñer as leis penais militares para tempos de guerra.”
Ánxeles Bouzó F.