“Historia do pobo galego“ é unha obra colectiva feita en no verán 1975 por antrifranquistas galegos exiliados na veciña cidade d’Oporto.
Deseñada e impresa n’Oporto, esta historieta composta dunha ristra de quince viñetas de 8×15 cm a toda cor pregadas en acordeón para facilitala sua difusión clandestina de “peto a peto” na Galiza, cousa da que se ocupou a Unión do Pobo Galego.
Esta pequena gran testemuña da loita do pobo galego contra o fascismo foi achegada A Boia dous antigos membros daquel colectivo que prefiren manterse no anonimato e que simplemente desexan unha difusión libre dela.