Que son as pensións e a seguridade social?

As pensión da seguridade social son un mecanismo de solidariedade mediatizado polo Estado polo cal se protexe a quenes, debido á desigualdade no reparto da riqueza, de outra  maneira verían mermados os seus ingresos de forma significativa ou serían incluso excluídos do sistema. É a seguridade social a que nos protexe das consecuencias da enfermidade, dos accidentes no traballo, a maternidade, a invalidez, a vellez e o desemprego.

“É a seguridade social a que nos protexe das consecuencias da enfermidade, dos accidentes no traballo, a maternidade, a invalidez, a vellez e o desemprego.”

Onde nace a seguridade social?

O sistema da seguridade social nace como froito da loita do movemento obreiro, ao reclamar os dereitos sociais e laborais como parte integral do concepto de cidadanía e, polo tanto, cubertos mediante a responsabilidade do Estado. No estado español, o que poderíamos sinalar como primeiro antecedente da seguridade social é a Ley de Accidentes de Traballo, de1900. En 1919 aparece o xerme das pensións: o Retiro Obreiro; en 1923 o Seguro Obrigatorio de Maternidade; e en 1931 o Seguro de Paro Forzoso.

Por que se ataca ás pensións?

O ataque aberto ás pensións comeza nos anos oitenta, como unha fronte máis da ofensiva neoliberal que sufrimos. É unha construción ideolóxica que persegue unha fin moi concreta: que o aforro público que supoñen as pensións convertase nun obxeto financieiro controlado por bancos e aseguradoras.

De cumprirse o plan neoliberal só poderían dispoñer de pensións aqueles con capacidade de aforro propio. O resto,quedará abandonado á súa sorte. Un paso máis no darwinismo social ao que derivamos cada vez a maior velocidade.

Algúns dos fitos que foron marcando as liñas de descomposición do sistema de pensións son, na esfera internacional, o demoledor e irreal informe do Banco Mundial de 1994 ou, no estado español, os “louvados” Pactos de Toledo.

Pensions 1

Estas liñas foron realizadas nas reformas de 2011 e 2013. No ano 2011 o goberno do PSOE decidiu, incrementar o periodo de cotización, a idade de xubilación, revisar as pensións de enviuvamento e poñer data para o cálculo do “factor de sostenibilidade”: 2027. Esta reforma, presentada como definitiva, durou dous anos. Aproveitando o shock da crise iniciada en 2008, o goberno do PP, que como o PSOE seguía as directrices da UE, decidiu que o “factor de sostenibilidade” tiña que aplicarse xa, en 2014. Ademais, desvinculou o incremento das pensións ao IPC e inventouse un extravagante sistema para poder reducir as pensións futuras, o “factor de equidade interxeneracional”, que nos leva a reducir as pensións si a nosa esperanza de vida é maior que a xeración anterior.

“Non hai razón algunha para que as pensións teñan que sosterse a partir das cotizacións dos traballadores, podería facerse na súa totalidade a partir de impostos.”

Para levar ao cabo este ataque, preséntanse como verdadeiros argumentos baseados en cálculos falseados. A realidade é que, non hai razón algunha para que as pensións teñan que sosterse a partir das cotizacións dos traballadores, podería facerse na súa totalidade a partir de impostos. Ademais, aínda que é certo que a esperanza de vida incrementouse en máis de catro anos desde 1980, o certo é que o que debería de servirnos como medio para calcular a contía da pensión non é a esperanza de vida, senón a lonxevidade, que apenas aumentou en dous anos. A esperanza de vida aumenta, sobre todo, pola disminución da mortalidade infantil, que en nada afecta ás pensións. Ademais, a lonxevidade non é a mesma en todos habitantes dun estado: a clase acomodada vive, de media, 10 anos máis que un obreiro non cualificado. Son as clases populares, cunha lonxevidade (e tamén unha esperanza de vida) inferior á clase alta, as prexudicadas pola reforma das pensións, pois carecen da mesma capacidade de aforro.

Pensions 2

Ademais, é gasto en pensións no Estado español é máis reducido que noutros da nosa contorna: segundo o Eurostat, o noso gasto en pensións en 2010 era do 12%; en Austria, do 15%.

Tampouco é certo que por contar con menos traballadores por pensionista o sistema se encamiña á destrución: o que importa non é o número de traballadores, senón a riqueza que producen. Deste xeito, se tomamos os datos do Banco España que adiantan un incremento de produtividade do 1,5%, en 2060 o PIB será máis do dobre que o actual. Pois ben, no 2060, cun PIB de 200 sobre os 100 de 2014, teremos o dobre de recursos para financiar as pensións, aínda que a porcentaxe se incremente.

Pensions 3

Que podes facer ti?

Entender que as pensións son un sistema de solidariedade social e, tamén, un sistema de redistribución da riqueza; son froito da loita de xeracións e, en consecuencia, debemos loitar non só polo seu mantemento, senón por levalas cara á universalidade absoluta.

Autoría: Ecoar)))

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *