A onde carallo van os impostos?

impostosOs cidadáns somos adoutrinados na crenza de que cos impostos estamos a contribuír coa sociedade. Trátase dun pacto ineludible co que renunciamos ao ben individual a favor do ben común. Pero dende o comezo ese pacto nace en falso, pois nin os cidadáns poden escoller se queren contribuír, ou en que medida, nin tampouco poden escoller a que van destinados os seus cartos. O todopoderoso Estado, encarnado na casta política que pide o voto en eleccións pero que non pide opinión no resto da lexislatura, é quen rouba e decide. Ainda máis

A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Segunda parte).

consumoO engano da clase media.

O boom económico das últimas décadas axudou a estender a falsa idea da universalización da clase media, necesaria para incentivarnos a consumir. Con algunhas concesións básicas como o lixeiro aumento dos salarios e algúns dereitos laborais, os poderes económicos coaligáronse cos bancos e dominaron ás elites políticas que dende entón xogan o papel de monicreques dos mercados. Ainda máis

A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Primeira parte).

Unha saída a sobreproducción.

Ao longo de toda a historia o ser humano consumiu unicamente os bens e produtos que necesitou para o desenvolvemento normal da súa vida. Pero este hábito de consumo por necesidade foi substancialmente modificado durante o século pasado, pois a comezos do século XX os avances na organización do traballo nos medios produtivos xunto co progreso tecnolóxico deron un forte pulo ás fábricas produtoras aumentando a produtividade. Ainda máis