O “Estado”, así con maiúsculas, é un concepto controvertido. Nos círculos académicos conviven diversas definicións do que é a “organización política suprema dunha poboación”. Básicamente hai dúas disxuntivas: por unha banda se o Estado sirve ao conxunto da sociedade, ou pola contra so é un dos medios de dominación dunha parte da sociedade sobre as outras? E por outra, se o principal elemento constitutivo da supremacia da organización estatal atópase no seu monopolio do uso da forza, ou pola contra nun recoñecemento “lexítimo” da súa autoridade normativa. Ainda máis
Arquivos da etiqueta: Revista
Abrir Vigo ao mar: pero desta volta de verdade.
Nos últimos tempos estopouo unha outra burbulla no estado español, a dos barcos privados de recreo; entre 2008 e 2012 houbo unha reducción na nova matriculación do 67%. No mesmo periodo, en Galicia duplicáronse os puntos de amarre, e está previsto voltar a duplicalos ata o 2020. Actualmente o Nautico de Vigo SA (NVSA) está a pasar moitos apuros precisamente pola especulación sobre os amarres do seu “porto deportivo”. En 2009 NVSA e a Autoridade Portuaria impulsaron a creación de 150 amarres para grandes iates na darsena da Laxe, e ademáis pensabase remodelar os das Avenidas para facelos de luxo. O resultado foi nefasto, apenas conseguiuse colocar a metade destes amarres xestionados polo NVSA nestas darsenas de propiedade pública.
A Cova dos Ratos, centro social autoxestionado.
“A Cova dos Ratos” leva cas portas abertas desde principios do ano 2000. É un centro social autoxestionado, un espazo aberto, participativo e independente, no cal os colectivos e as persoas poden tanto facer uso como implicarse na súa xestión cotiá: colaborando nos grupos de traballo (barra, biblioteca, secretaría…), participando nas actividades sociais e culturais, nas campañas… O centro social é de todas as persoas que o usan e fan posíbel a súa existenza.
Ainda máis
Doazón de sangue.
Cando un consume, esquece que xa foi previamente consumido. O seu emprego consúmelle, cómpralle a súa vida por horas. Rodeado pola venta e o consumo, o ser humano é unha mercadoría máis sometida aos vaivéns do mercantilismo, e en cada transacción sempre lle sacan algún belisco: outro anaco de humanidade, un imposto, a forza para crecer como persoa, o beneficio do xefe, o tempo para criar aos fillos… Todos se consumen entre eles, belíscanse mutuamente (tamén aos nenos, tamén ao medio ambiente), nunha loita tácita, xa case natural, autodestrutiva.
Táboa extraída da Contabilidade Nacional Trimestral Base 2008 do 28/02/2013 (http://serviciosweb.meh.es/apps/dgpe/TEXTOS/pdf/completos/sie_complet1.pdf) Ainda máis
A sociedade de consumo e o engano empresarial.(Primeira parte).
Unha saída a sobreproducción.
Ao longo de toda a historia o ser humano consumiu unicamente os bens e produtos que necesitou para o desenvolvemento normal da súa vida. Pero este hábito de consumo por necesidade foi substancialmente modificado durante o século pasado, pois a comezos do século XX os avances na organización do traballo nos medios produtivos xunto co progreso tecnolóxico deron un forte pulo ás fábricas produtoras aumentando a produtividade. Ainda máis
Editorial (Maio).
O goberno de Andalucía acaba de dar un paso adiante na loita contra o poder da banca no estado español: a expropiación das vivendas sobre as que pende un desafiuzamento inminente. É un paso pequeno e temporal, que non atalla o endémico problema da vivenda, pero moi positivo porque, asemade de situar no debate público a expropiación coma arma posible contra a banca, o que non é nin moito menos un asunto banal, demostra que a presión dende a rúa da resultados. Ainda máis
Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Terceira Parte)
Como evitan as forzas de seguridade as consecuencias destas irregularidades?
Partindo de que as Forzas de Seguridade son parte do estado e, polo tanto, responsabilidade dos gobernos, o sistema actual protexe e tapa as faltas cometidas
polos membros das mesmas a través de diferentes mecanismos. Ainda máis
Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Segunda Parte)
Que irregularidades cometen?
Emprego desproporcionado da violencia. En moitas ocasións as forzas de seguridade empregan a forza a pesar de haber un clima pacífico na protesta. Isto é o que sucedeu, por exemplo, en maio de 2011 en Plaça Catalunya, onde se cargou contra a xente que estaba a protestar sentada no chan. Ainda máis
Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Primeira Parte)
Organismos públicos que:
- funcionan como brazo executivo do poder xudicial.
- fan cumprir as leis ditadas polo lexislativo a través do emprego da forza.
- “teñen como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá” (artigo 104.1 da Constitución Española ).
Editorial ( Abril).
Con estas liñas nace A Boia, revista de Contracultura dende a Ría. A Boia pretende converterse nun altofalante de cada unha das voces e olladas que flotan na Ría de Vigo e a súa contorna, e que nos protexen desa enorme marea negra que o contamina todo: o capitalismo. Ainda máis