Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Terceira Parte)

repartindo leña

Como evitan as forzas de seguridade as consecuencias destas irregularidades?

Partindo de que as Forzas de Seguridade son parte do estado e, polo tanto, responsabilidade dos gobernos, o sistema actual protexe e tapa as faltas cometidas
polos membros das mesmas a través de diferentes mecanismos.

Trato preferente no sistema. A súa palabra vale máis que a do resto [artigo 37
da Lei 1/1992]. O principio de veracidade que posúen fai que perante unha situación
xudicial a palabra dun membro das Forzas de Seguridade do Estado valla máis que a
de calquera outra persoa.

Ocultamento das accións. O estado, coa complicidade dos grandes medios de
comunicación, “lava” a imaxe dos abusos cometidos polas súas forzas de seguridade
a través do silenciamento e a manipulación. Un claro exemplo de manipulación foi o
que se produciu na canle Telemadrid o día 16/06/2011 no que se emitiron imaxes de
disturbios en Greza facéndoos pasar por violentxs manifestantes dos indignados do 15M.

O goberno actual: xerando un marco de impunidade policial total.
Por se fora pouco van soando de fondo determinadas medidas (Lei de Seguridade
Cidadá) coas que darlle impunidade total ás Forzas de Seguridade do Estado. Así
o pasado 19/10/2012 o xefe da policía Ignacio Cosidó (logo desautorizado por
algunhas persoas do goberno) anunciou que o goberno está estudando unha lei
coa que tentan anular calquera tipo de resposta social. Así pois esta nova medida conta con tres liñas que reducen de xeito hostensible os dereitos dxs manifestantes.

O goberno prohibirá filmar á policía. Nos últimos anos as cámaras convertéronse nunha ferramenta de defensa dos manifestantes.

  • A policía reprímese ou detense de facer determinado tipo de actuacións.
  • Estas actuacións irregulares das forzas de seguridade quedan rexistradas e pódese empregar para dar unha versión obxectiva perante a opinión pública así como para o  seu uso xudicial.

Quen se manifesta non poderá cubrir a cara, a policía si. Isto fai imposible a identificación dos policías. Segundo fontes oficiais a xustificación de que a policía leve a cara tapada é porque así se protexe a súa privacidade, xerando unha situación de discriminación
dándolle á policía un dereito que o cidadán non ten. Por outra banda a liberdade individual
tamén se vería truncada con esta medida porque nos obrigarían a ter un determinado patrón de vestimenta.

Reformulación do concepto “ataque violento”. Os manifestantes poderán ser procesados por calquera tipo de agresión ou ameazas de violencia contra forzas de seguridade. É dicir que as meras ameazas serán castigadas como violencia directa.

Autor Ecoar))).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *