Abrir Vigo ao mar: pero desta volta de verdade.

Nos últimos tempos estopouo unha outra burbulla no estado español, a dos barcos privados de recreo; entre 2008 e 2012 houbo unha reducción na nova matriculación do 67%. No mesmo periodo, en Galicia duplicáronse os puntos de amarre, e está previsto voltar a duplicalos ata o 2020. Actualmente o Nautico de Vigo SA (NVSA) está a pasar moitos apuros precisamente pola especulación sobre os amarres do seu “porto deportivo”. En 2009 NVSA e a Autoridade Portuaria impulsaron a creación de 150 amarres para grandes iates na darsena da Laxe, e ademáis pensabase remodelar os das Avenidas para facelos de luxo. O resultado foi nefasto, apenas conseguiuse colocar a metade destes amarres xestionados polo NVSA nestas darsenas de propiedade pública.

esa

Actualmente a remodelación da darsena das Avenidas está paralizada, e calquera pode observar como apenas está ocupada nun terzo. Tamén hai que ter en conta que a metade dos iates amarrados na ría de Vigo son empregados menos de 3 veces ao ano. Esta náutica “deportiva” é un capricho da oligarquía, que ainda por riba fase a costa dun ben público como é o Dominio Público Marítimo-Terrestre. En Vigo sigue a imperar un urbanismo feito por e para os de arriba. Rara é a vez en que acertamos en reconducir os fracasos do pasado nun futuro mellor para a cidadanía
de a pe. A especulación urbanística, vestida cos falsos ropaxes dunha “modernidade” mal entendida (elitista, provinciana, fora de escala),detrozou o noso patrimonio arquitectónico e natural, mercantilizando o espazo publico. Un bo exemplo disto foi o ignominioso proxecto “Abrir Vigo ao Mar”, que ten no mostruoso CC. A Laxe o seu emblema.

“Agora a idea é ben sinxela, convertir a parte oriental da darsena das Avenidas nunha zona de baño.”

Agora a idea é ben sinxela, convertir a parte oriental da darsena das Avenidas, entre o peirao de Jules Verne e o edificio da Xunta, nunha zona de baño. Bastaría con retirar os pantaláns baleiros e o paseo de madeira, para, mediante a construcción dunha rampa, facilitar á xente unha “piscina” de 20.000 m2. Quizias, para a seguridade das bañistas, tamén sexa preciso sanear o fondo da darsena, e restrinxir o acceso de embarcacións a motor na parte occidental, destinandoa exclusivamente ás de vela e remo. Abrindo o Mar as viguesas estariamos abrindo Vigo ao Mar, pero desta volta de verdade.

Autoría: Uxío Reinoso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *