Que son as forzas e corpos de seguridade do estado? (Primeira Parte)

Organismos públicos que:

  • funcionan como brazo executivo do poder xudicial.
  • fan cumprir as leis ditadas polo lexislativo a través do emprego da forza.
  •  “teñen como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá” (artigo 104.1 da Constitución Española ).


Realmente cúmprense a misión e as súas funcións?
Non. A “austeridade” e a liquidación de dereitos e liberdades fai que a tensión social estea a medrar a pasos axigantados polo que, ao mesmo tempo, a resposta dende a rúa é, cada vez, máis prolongada, constante e belixerante. O goberno, que sabe que a crise vai ser moi prolongada, está apostando polo control da cidadanía a través da represión das forzas de seguridade do estado. De feito os países que peor o están a pasar coa crise (España, Greza, Portugal e Italia) son os países europeos que teñen un maior número
de policía por habitante de toda Europa segundo un informe de Eurostat. Nos
presupostos aprobados este ano aumenta o gasto nos corpos antidisturbios un
1780% e dos 759.330 euros previstos para os anos 2011-2015 pasouse a 10.000.000
de euros para o período 2012-2016.

Así pois, na práctica, o artigo 104.1 da constitución sobre as forzas e corpos
de seguridade debería dicir que “teñen como misión protexer o libre exercicio
dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade das grandes empresas
transnacionais, financeiras e políticas”.

As forzas e corpos de seguridade empréganse como ferramentas para:

  • Esmagar calquera modo de protesta cidadá a través do emprego da forza.
  • Protexer o sistema actual e defender as medidas tomadas dende a clase de poder.
  • Xerar un clima de medo que desanime á poboación a participar en calquera protesta contra o sistema establecido.
  • Criminalizar e xerar unha imaxe negativa e violenta das persoas que defenden os seus dereitos.

Autor Ecoar)))

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *