”Se non se aumenta a produtividade e se non se teñen os custos salariais adecuados, a empresa acaba fechando e ese traballador que quere cobrar máis ao final non acaba cobrando máis que o paro … para sair da crise económica os traballadores deben traballar máis e, desgraciadamente, gañar menos…os empresarios xa están gañando menos, e incluso hai moitos que xa están perdendo.” Gerardo Díaz Ferran.Ex-presidente da CEOE(1).
A estás alturas non é dificil saber que a crise económica capitalista, e o capitalismo en si mesmo, é unha gran estafa. Un dos casos que mellor exemplifica, é o abuso que as clases hexemónicas están facendo do concepto “produtividade laboral”. Como ben se sabe, a produtividade é a relación entre a produción obtida e os recursos empregados para obtenela(2). Por exemplo, a relación entre unha terra (factor recurso) e a produción de grans de trigo (factor produto), nun periodo de tempo (neste caso o ciclo do cultivo do trigo): Dado que os recursos e productos da natureza e do ser humán teñen diferentes calidades, para que unha “relación de produtividade” teña valor estadístico, cada un dos factores (recurso e produto) ten que ser sometido a un criterio de homologación. Así, por exemplo, acostúmase especifícar dous criterios de homologación sobre o factor recurso “terra”, “secano” e “regadío”; non facer esta distinción equivalería a anular o valor informativo xa que o auga é outro recurso, que debería ser considerado noutra “relación de produtividade” distinta: O axeitado é expresala productividade nun índice sinxelo con unidades constantes, e despois facer unha serie. Só dese xeito poderáse facer unha comparativa estadística e obter información útil para a economía aplicada, esto é, cal é o rendimento de determinado investimento nun recurso.
“A produtividade laboral debería ser a relación entre o traballo e o produto.”
Según a lóxica aplicada anteriormente a produtividade laboral debería ser a relación entre o traballo(factor recurso) e o produto, dentro dun período determinado, coa debida consideración de calidade. Por exemplo: cantas camisas (de calidade “x”) fai unha traballadora téxtil “Z”, nun periodo “y”. Tamén pode facerse un índice de “produtividade laboral relativa”, na que se medise a cantidade de recursos, a máis do traballo, son precisos. Isto faise subordinando os diversos factores de recurso, por exemplo: Destes xeito podemos decir que un para producir 100 camisas a traballadora “Z” fanlle falla 2 kg. de algodón traballadas durante 8 horas. Pero na realidade, non se segue esta sinxela lóxica obxetiva, seguimos a lóxica subxetiva marcada polo capitalismo. O teoría capitalista sostén que o xogo da oferta e a demanda no mercado crea desigualdades na atribución de valor ao traballo. Dependendo dos custos de produción asociados ao posto de traballo e posición que cada producto ten no mercado, a cada posto de traballo se lle corresponde un valor distinto (ata o punto que pode non haber dous iguais). Esto é, o capitalismo dí que os traballos non son homologables.
“Hoxe en día o termo “produtividade laboral” é asiganada a unha relación aritmética entre o custo monetario do conxunto dos factores de producción e o valor monetario do producto no mercado.”
Chegado este punto o lóxico sería renunciala econometria da produtividade laboral… pero non é así, a ideoloxía capitalista gustalle presentar o seu ordenamento social como unha verdade científica obxetiva e por iso recurre a falsos estudios para xustificarse perante a opinión pública. Hoxe en día o termo “produtividade laboral” é asiganada a unha relación aritmética entre o custo monetario do conxunto dos factores de producción e o valor monetario do producto no mercado (sen atender a calidade do produto, e as veces sen atender a periodos de tempo nengún que son sustituidos polo “instante” do mercado). Unha das fórmulas aplicadas (3) é a seguinte: Esta concepción holística levanos a paradoxa de que os indices desta “pseudoprodutividade laboral” presentes sexan totalmente inútiles para a análise económica: como o que se representa é o conxunto da económia é imposible sacar conclusión práctica nengunha. Como non se mide o factor traballo, non podemos saber se un traballo determinado é produtivo ou non, se rinde máis ca outro, e polo tanto se vale a pena sostelo ou invertir máis nel. Como moito podemos saber se o sistema económico no que está inserido e competitivo ou non. En realidade a fórmula anterior é iso, unha “fórmula da competividade no mercado” e nunca da “produtividade laboral”. A máis da paradoxa monumental de que nesta definición non se mide o factor traballo, danse outras moitas situacións anómalas. Por exemplo que a produtividade laboral pode ser igual a 0 (se non se vende unha camisa, da igual cantas camisas se fixeran por hora, 1 ou 2000, o índice de “produtividade laboral” sería sempre 0). Por certo, e a pesar dos augurios da CEOE, según o Banco de Inglaterra, a española foi a economía da onde máis aumentou a “pseudo-produtividade laboral” entre 2008 e 2012(4).
1 Público o 14-10-2010 http://www.publico.es/dinero/341537/diaz-ferran-solo-se-puede-salir-dela-crisis-trabajando-mas-y-ganando-menos
2 Definición da Organización Mundial do Trabllo
3 Dada a contradicción da “pseudo-productividade laboral”, aplicanse ata 8 variantes distintas.
4 Expansión.com 29-6-2012 http://www.expansion.com/2012/06/29/economia/1340920879.html
autoría: Uxio Reinoso Maset.