A Boia entrevista a… Rafa Mayoral.

e Plataforma de afectados por las hipotecas– Cómo está a afrontando a PAH a campaña  de desinformación e manipulación á que se está vendo sometida polos poderes favorables á banca?

Pois continuando co que vimos facendo. Favorecendo a movilización social, a loita  colectiva, a solidaridade e o apoio mútuo  entre zas personas afectadas e o conxunto da sociedade civil, que están loitando por reconstruir o dereito á vivenda, frente os  intereses dos especuladores.

– Que consecuencias terá a sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza sobre os contratos hipotecarios españois?

O que se puxo en entredito é o procedemento de execución hipotecaria PEH). Dícese: o PEH en España é ilegal; e so significa que, todo o actuado no marco deste PEH é nulo de pleno dereito. Co cal teñen un enorme problema, e máis lles vale aprovar canto antes a dación en pago retroactiva, porque senon, vamonos ver nos tribunais.

– Hai riesgo de que o Goberno español maniobre para baleirar de contido dita sentenza?

Non. O problema é que o goberno non está entendendo ou acatando a sentencia. (A normativa que están sacando non soluciona nen os PEH en curso, nen aqueles que xa foron executados. Seguimos tendo ahí unha “bola”, que non sabemos como se vai a tragar o sistema xudicial.

– O artigo 47 da Constitución española estipula o dereito á vivienda de todas. Na súa opinión, existe algunha disposición legal que nos alonxe deste dereito universal? Que lei habería que cambiar?

O máis importante é que é un dereito recoñecido na Declaración Universal de Dereitos Humanos e no Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais asinados por España: formas superiores á Constitución Española, que nos permiten reclamalo. Poderíamos decir moitas normas e prácticas que limitan o dereito á vivenda, as que crean a situación de absoluta impunidade, das entidades finacieras. Eu creo que é o principal problema, hai que acabar coa impunidade das entidades financieras.

O escrache é un xeito de protesta que está “vendéndose” como un tipo de protesta ilegal e ilexítima? Poderíasnos definir por que entendedes que este é un xeito de lexítima protesta?

Pois porque o único que se está a reclamar é o cese inmediato da violación sistemática de dereitos humáns: acabar cos desaloxos forzosos sen alternativa habitacional, e acabar coas débedas perpetuas. Cousa en concordancia co disposto na resolución da Asamblea Xeral de Naciones Unidas 53/144, que dí que todas as personas teñen dereito a participar de actividades en defensa dos Dereitos Humanos.

Que supón o Código de Buenas Prácticas aprobado por el Gobierno o pasado 10 de marzo de 2012 realmente? Como debería ser para vós ese documento
exactamente?

Ise documento es una auténtica chapuza.O coñecido como “código guindos” é unha tomadura de pelo, de feito non vai funcionar. Para nós é a ILP, está claro, parar de inmediato os desafiuzamentos, acabar cas débedas perpétuas e facilitar o aluguer social, un aluguer que nos supere o 30 % da renda familiar; ahí é onde teñen a resposta. Unha resposta de mínimos, porque despois, aparte, hai que abrir un debate profundo acerca de como asegurar o dereito á vivenda, nun pais donde se calcula que pode haber ata 6 millóns de vivendas vacías. Esas vivendas teñense que por en mans da poboación e quitárllas ós especuladores.

-Como se posiciona a PAH respecto da okupación? E respecto da vivenda pública?

A tipicación do delito de ocupación é do ano 95, nin tan sequera fora considerada delito durante o franquismo. Esta non ten nengún sentido, e o único que ten feito esa tipificación é sobreprotexer a especulación. Para nós non ten nengún sentido, se alguén quere recuperar un inmoble xa ten o procedemento civil para facelo. Hai que abolir o delito de ocupación, dificultando así a especulación Nos apostamos por un parque público de vivenda en alugueiro con dereito á tenencia.Non hai que esquecer que neste momento o gobierno, de tapadillo, está preparando unha nova lei de arrendamentos urbáns, na que se vai limitar a tres años o dereito al alquiler, así como toda unha serie de dereitos dos inquilinos. Cun gran parque publico de viviendas avanzariamos cara a creación do dereito á vivenda.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *