Os privilexios da banca que quizás non saibas.

Hoxe en día estamos a vivir unha crise tremenda, orixinada nas prácticas da banca de inversión e comercial a nivel internacional. Aínda que hoxe a sabedoría “popular” creada polos mass media quere facernos ver que a crise depende na súa solución do déficit público, o certo é que este non ten nada que ver coa orixe da crise,  nin ten nada que ver coa súa solución real. A orixe da crise está nun sector financeiro sobredimensionado, e que conta cuns privilexios desmesurados, que dan a este sector, formado e dirixido por unha pequena elite, un poder enorme sobre as nosas vidas. E que non empregan no noso ben, senón para o seu beneficio. Ainda máis

FIARE, unha realidade de banca ética participativa.

Fiare

Queremos saber que se fai cos nosos cartos e construír alternativas para a transformación da realidade. Por iso precisamos ferramentas de finanzas éticas coma
Fiare, rede conformada por 4000 persoas físicas e xurídicas que a nivel estatal estamos a constituir unha cooperativa de crédito sen ánimo de lucro. Na Galiza, xa somos socias 26 colectivos, 1 concello e 246 persoas a título particular. Ainda máis