No Val Miñor a revolución ten xeito de acción directa. Anxeles Bouzó comparte connosco a experiencia do “Comando Ghichas”, que está a concienciar á veciñanza do risco que é para todos o uso de agrotóxicos.
No libro A Metamorfose de Kafka, ante a desolación que o protagonista sinte ante a súa vida, sucédelle de súpeto unha transformación: esperta do sono convertido en escarabello.
Estaría moi ben que cada quen se sorprendese espertando un día convertida en revolucionaria. Co puño en alto e o berro nos beizos. Claro que isto non sucede dun dia para outro, vaise alentando co feito de non ver cara a outro lado no decorrer dos días.
Hai moitos tipos de revolucións, dende as grandes e colectivas ata as pequenas e individuais. De carácter político, económico, social, ecolóxico. O caso é revolucionarse.