Europa alimentando a xenofobia.

Africa

O medo e o rexeitamento ao estranxeiro son alentados pola clase política que nos goberna.

Está é unha teima constante dos facismos. A entrada “masiva”, a “avalancha” de inmigrantes, supón un perigo. Hainos que frear: con muros, arame de pugas, coitelas, pelotas de goma, disparos, lexislación, etc. Van a invadir Europa, a cal aprobou en setembro de 2008 unha lei contra o racismo e a xenofobia, que recibiu no 2012 o Premio Nobel da Paz “pola súa contribución á democracia e aos dereitos humanos”.

“Europa colabora á situación de África, explotando os seus recursos naturais, utilizandoa como basureiro, infirindo no comercio, aprópiandose das terras e explotando a man de obra barata. ”

Cales son as condicións de vida que impulsan a unha persoa a abandoar a súa familia e o seu país, e arriscar a vida nunha fuxida en condicións terribles: en pateras, agochados en camións, barcos ou colectores, acosados polas mafias, pola fame e polo medo? Que fariamos no seu lugar?

Como colabora Europa á situación de Africa?

Repártese o continente creando fronteiras en liña recta a golpe de escuadra: as colonias, explota os seus recursos naturais a calquera prezo (como exemplo actual temos a extración e comercio do coltan para os nosos aparellos móbiles), emporca e envelena o seu entorno, utiliza os seus países como basureiros ofrecéndolles toneladas de lixo electrónico, infire no seu comercio de xeito que as pequenas agricultoras non poidan competir cos alimentos que chegan de Europa subvencionados, aprópiase das súas terras para os nosos monocultivos e empresas, coa colaboración dos gobernos locais corruptos pagados polas multinacionais, e xa de paso, explota a súa man de obra barata, que por necesidade, acepta calquera condición… Podemos ir máis atrás no tempo e atopar o vergoñento comercio de escravas.

As persoas inmigrantes que consiguen pasar a fronteira mirámolos percorrendo as praias incansables, cargados de sombreiros e bagatelas para os turistas, fuxindo da policía coa manta ao lombo, soportando nos mercadiños o regateo e a burla, limpando e coidando os nenos das familias ricas mentras os seus fillos  esperan os euros que lles poidan chegar.

Quen son realmente os perigosos?

Ánxeles B.F.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *