“Cerra as portas, vota o feche, carcereiro! Ata duro a ese home: non lle atarás a alma. Son moitas chaves, moitos feches, inxustizas: non lle atarás a alma”
Extraido da súa necroloxía. Ainda máis
“Cerra as portas, vota o feche, carcereiro! Ata duro a ese home: non lle atarás a alma. Son moitas chaves, moitos feches, inxustizas: non lle atarás a alma”
Extraido da súa necroloxía. Ainda máis
Estamos todos os días na rúa. Pateámola coa esperta rabia, liberada no berro da impotencia, que choca nos cornos do teimudo carneiro do sistema. Ainda máis
No comedor do colexio CEIP Souto Donas de Gondomar (Pontevedra), a empresa de catering “Ruta Jacobea” serve a comida ó alumnado directamente sobre bandexas de plástico con cinco compartimentos. Isto implica un risco totalmente innecesario para a saúde dos nenos, como explicamos a continuación. Ainda máis
Estes días lemos na prensa do sistema que o proxecto de especulación urbanística no chamado “Barrio do Cura” é de inminente realización. Aprobados todos os requerimentos administrativos, o proxecto só depende dunha achega de capital por parte dun/s magnate/s ruso/s indeterminado/s. Ainda máis
“É unha característica desta sociedade que a xente desexe ser ensinada, movida, tratada ou guiada en lugar de aprender, curar e atopar o seu propio camiño”. I. Illich
Dende que en 2008 estoupara a “crise económica”, instauráronse en todo o territorio do estado español políticas de austeridade que se traduciron nun aumento do desemprego e da poboación en risco de exclusión, na perda de poder adquisitivo, no incremento dos suicidios, na instauración da precariedade como forma de vida… En definitiva: miseria e sufrimento para unha gran parte do pobo.
A sanidade é o conxunto de bens e servizos que se empregan para protexer e preservar a saúde das persoas.
Que é a saúde?
Dereito humano básico, inalienable e inexcusable no tempo do que debe gozar cada persoa no grao máximo. Este dereito establece que cada persoa debería ter acceso a unha atención sanitaria oportuna, aceptable, asequible e de calidade satisfactoria. O concepto de saúde non implica tan só unha ausencia de dolencias e enfermidades, senón, e sobre todo, un benestar físico e emocional. Ainda máis
O ser humano hoxe aprópiase de máis da metade da produción anual de biomasa. “Onde está o límite ao seu crecemento?”, pregúntase Alan Weisman no seu último libro, no que investiga a distribución da “superpoboación” nun planeta que se converte en campo de batalla polos recursos. Cita por exemplo, o caso dos recursos hídricos de Gaza e Cisjordania, únicos da contorna sen esgotar. Os territorios baixo control de Israel, teñen capacidade para soster a 3 millóns de persoas, mais xa son 12. Necesitan máis auga da que dispoñen, e as súas reservas esgótanse, como as do petróleo no planeta. Ainda máis
Sabías que o gasto militar dos países da UE supera os 200.000 millóns de euros ao ano? Sabías que Reino Unido, Francia, Alemaña e Italia figuran entre os dez países con maior gasto militar no ano 2012? Ainda máis