Morre Eugenio García Serrano, Gaviuto, na cárcere d’A Lama.

Gaviuto“Cerra as portas, vota o feche, carcereiro! Ata duro a ese home: non lle atarás a alma. Son moitas chaves, moitos feches, inxustizas: non lle atarás a alma”

Extraido da súa necroloxía.

Dende o Grupo de Apoio Gz.Sur comunicamos a triste noticia de que Eugenio García Serrano, Gaviuto, finouno na Centro Penitenciario d’A Lama o 30 de abril de 2014, aos 48 anos de idade.

Nos seus 28 anos de encerro Gaviuto participou en numerosas loitas pola dignidade das persoas presas e contra o sistema carcerario. Como tantos outros coma el, foi trasladado continuamente de cadeas: Teixeiro, A Lama, Villabona, Topas… denunciando as torturas e abusos que acontecían alí onde estaba e axudando a cantos compañeiros puido.

Gaviuto, que xa estivera na loita contra os FIES2, participaba actualmente na campaña contra as torturas e malos tratos ‘Cárcere=Tortura’.

A súa morte, como a recente de Gorka, ou as de Tarrio, Ortiz, Heras e tantas outras presas, non pode quedar impune. Eugenio non tería calado ante a morte de ningún compañeiro, tampouco o faremos nós.

Para falar da morte de Eugenio temos que falar de illamento, tortura física e psicolóxica, malos tratos e complicidade institucional, xudicial, médica e do persoal; da drogadicción legal inducida, traslados continuados, regresións de grao inxustificadas, dispersión, insultos, humillacións, mentiras, presión psicolóxica, censura, represión …

“Gaviuto recentemente sufriu no cárcere múltiples manobras que buscaban provocar a súa inestabilidade psicolóxica. Pese a isto el sempre se mantivo integro,
cunha clara intención de continuar denunciando, todos os abusos que el ou calquera presa sufrían”

Gaviuto recentemente sufriu no cárcere d’A Lama múltiples manobras que buscaban provocar a súa inestabilidade psicolóxica. Pese a isto el sempre se mantivo integro, mostrando unha elevada capacidade de análise político e social así como unha clara intención de continuar denunciando, todos os abusos que el ou calquera presa sufrían. El mesmo denunciaba a principios de ano:

“Cando me levaron a Illamiento nin sequera sabía que ía para alí (…). Cando mo dixeron dixen que vale, que bo, e fun tranquilamente (ninguén me puxo a man enriba e só se enteraron dous presos que estaban na fiestra, que viron como fun tranquilo e polo meu propio pé). Pois ben, agora no parte póñenme que tiveron que reducirme pola forza e que instiguei motíns e plantes… 5 minutos despois tocaba asemblea cos presos do programa, e se enteraron de que eu estaba en Illamento (así que non sei que redución e instigación ao motín puiden facer nunha galería onde todo se escoita porque as celas son automáticas). Quero denunciar como ‘presunto prevaricador’ a quen redactou tal parte.”

carcere

Tamén denunciaba a complicidade dos médicos coas torturas: “lémbraste (compañeira) de que me abriron un sumario porque a Guarda Civil votoume espraí pementa na sala de urxencias do Hospital Central de Asturias; pois pedín copia non só dese día, senón tamén do día xxx cando rompín o cóbado e o pulso (que todavía non conseguín que me fixeran unha placa del), pois primeiro me dicían que a fotocopiadora estaba estragada e agora
estou fliplado porque a copia do día xxx é ilexible e a do día yyy é falsa en todo (…). Por un lado quería denunciar ao médico que dixo que se me podía esposar pois ‘só tiña unha contusión no brazo’. E por outro, quero que me presentes denuncia no Xulgado de Guarda contra os Servizos Médicos por falsificar un documento médico coa intención de prevaricar”.

A mediados de abril comunicounos que novamente lle aplicaron illamento, procedendo a un cacheo de cela, requisándolle material e cartas persoais, acusándoo de que “era o líder” nunha conspiración contra os cárceres; quixeron asustalo, dicíndolle que recolleran moita información e que a mandaron a Madrid (táctica de ameaza que se ven repetindo
noutros casos).

Días despois, lamentablemente, aparece morto na súa cela de illamento. O versión oficial di que por sobredose de pilulas.

Nunca saberemos que puido pasar en realidade, pero si sabemos que Gaviuto era forte, e que ata o seu último día foi ceibe de espírito, loitando polo seus dereitos viviu moito máis libre que moitas presas en cuarto grao. Ata que foi levado ao illamento, el seguía con ganas de loitar, con dúas denuncias cursadas recentemente, durante os últimos conflitos
n’A Lama.

“A dor e e envilecemento das cárceres está máis que demostrado. Así como o seu
altísimo costo e nulo resultado”

Como feche queremos recuperar un fragmento do comunicado que emitiron el e outras presas en 2002 dende a cárcere de Villabona:

“Hoxe somos moitas as que levantamos o puño e loitamos por vivir con dignidade e por saír así deste camiño de podredume. Pouco a pouco, vaise formando unha conciencia persoal e social do atraso do que son as cárceres como medio de reinserción das persoas presas, e máis cando estas, na súa maioría, son sómentes toxicómanas e enfermas de V.I.H. A dor e envilecemento das cárceres está máis que demostrado. Así como o seu altísimo costo e nulo resultado. É hora de mirarnos ao espello, é hora de ser persoa.”

NIN F.I.E.S., NIN DISPERSIÓN, NIN ENFERMAS EN PRISIÓN!

CÁRCERES DEMOLICIÓN!

NON FOI UN ACCIDENTE, FOI UN ASASINATO!

GAVIUTO IRMÁN, NÓS NON ESQUECEMOS.

Cárcere = Tortura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *