Nace en Vigo a Rede de Solidariedade Popular.

Rede de Solidariedade Popular

Dende que en 2008 estoupara a “crise económica”, instauráronse en todo o territorio do estado español políticas de austeridade que se traduciron nun aumento do desemprego e da poboación en risco de exclusión, na perda de poder adquisitivo, no incremento dos suicidios, na instauración da precariedade como forma de vida… En definitiva: miseria e sufrimento para unha gran parte do pobo.

A resistencia a estas políticas non está producindo avances significativos na mellora das condicións de vida das persoas traballadoras, ó contrario séguense producindo reformas que aumentan a desigualdade. A pregunta imponse: como nos defendemos fronte ós ataques e a perda de dereitos? É suficiente a mobilización? Como resolvemos as necesidades das traballadoras?

“É preciso organizar a solidariedade das capas populares; recuperando a nosa dignidade, os nosos dereitos e satisfacer as nosas necesidades.”

É preciso organizar a solidariedade da clase traballadora e as capas populares; recuperando a nosa dignidade, os nosos dereitos e satisfacer as nosas necesidades.

Como activistas de esquerda, que coñecemos a situación actual, o calote da crise, os recortes e austericidio que estamos padecendo, sentimos a obriga de reaccionar e organizarnos. É así como un grupo de voluntarios da esquerda de Vigo e bisbarra puxemos en marcha a Rede de Solidariedade Popular (RSP).

Na RSP de Vigo, que se articula en grupos de acción comunitaria adaptados ás necesidades de cada barrio, queremos contar coa axuda de todas vos nesta labor de autoorganización e creación de alianzas fortes entre persoas dende a xustiza social e a equidade, para acadar os seguintes obxectivos:

  • Un roupeiro social.
  • Un banco de alimentos e medicamentos.
  • Intercambio de material escolar e clases de reforzo para crianzas.
  • Unha horta comunitaria.
  • Un departamento de información laboral e xurídica.

A RSP ten un alirce fundamental e imprescindible, que é a súa ideoloxía política de esquerda. É importante decir esto, a diferencia da caridade que é vertical e denigrante e non busca solucións concretas a problemas concretos, a solidariedade exercese de forma horizontal como unha colaboración entre iguais: eu dou…eu recibo.

Temos que canalizar a rabia e a indignación e volvelo algo positivo para solventar as situacións actuais dende a solidaridade.

UNAMOS FORZAS E LOITEMOS XUNTOS

http://www.reddesolidaridadpopular.org/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *