Que é a Sanidade?

A sanidade é o conxunto de bens e servizos que se empregan para protexer e preservar a saúde das persoas.

Que é a saúde?

Dereito humano básico, inalienable e inexcusable no tempo do que debe gozar cada persoa no grao máximo. Este dereito establece que cada persoa debería ter acceso a unha atención sanitaria oportuna, aceptable, asequible e de calidade satisfactoria. O concepto de saúde non implica tan só unha ausencia de dolencias e enfermidades, senón, e sobre todo, un benestar físico e emocional.

“A extensión da cobertura sanitaria ás clases populares foi provocada polo puxante movemento obreiro”

A loita pola saúde?

A mellora da saúde do conxunto da poboación, debeuse á creación da cobertura sanitaria para as clases populares.

Xa dende as últimas décadas do S XIX, nas principais economías do momento (Alemania e Reino Unido), comezou a garántirse unha certa atención sanitaria á poboación traballadora. Isto foi provocado pola puxante organización revolucionaria do movimento obreiro, e tamén porque os capitalistas entenderon que unha man de obra enferma e mal alimentada difícilmente podería satisfacer as esixencias productivas do momento.

Tralo Crack do 29, os EUA desenvolveron o “New deal´´, co que se garantía a cobertura sanitaria, unha pensión de xubilación digna, a reducción da xornada laboral a oito horas, etc… Esta política deu orixe a creación do chamado “Estado do benestar´´ e durou ata a crise de finais dos anos 70.

A subida ó poder de Margaret Thatcher no Reino Unido en 1979 e a de Ronald Reagan nos EUA en 1980 significou o auxe do neoliberalismo, ideoloxía que pon os beneficios económicos, por riba dos dereitos e liberdades das persoas e dos pobos. As políticas neoliberais non só se implementaeron neses paises, se non que tamén, significou o debilitamento das cadeas da solidariedade a nivel nacional e internacional. O Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e a Organización Mundial do Comercio, comezaron a controlar os distintos países subdesenvolvidos, obrigándoos, entre outras cousas, a paralizar o desenrolo de sistemas de sanidade pública e á privatización das existentes.

m l kMartin Luther King

“De todas as formas de desigualdade, a inxustiza na atención sanitaria é a máis espantosa e inhumana”.

A realidade fronte as falaciasdo neoliberalismo.

En realidade as políticas neoliberais o que procuran e convertir os servizos públicos nun novo mercado, e que así as empresas privadas podan meter man nun importante volume de fondos de natureza pública.

Os impostos especiais na sanidade, os copagos e as taxas sanitarias introducidas no estado español nos últimos anos implican un acceso desigual á sanidade, segundo o seu nivel socio-económico da xente.

“Diversos estudos amosan que o sistema sanitario público é menos custoso e máis eficiente que o sistema mixto ou o maioritariamente privado”

Diversos estudos amosan que o sistema sanitario público é menos custoso e máis eficiente que o sistema mixto ou o maioritariamente privado. Por unha banda a introducción do lucro nos sistemas de protección pública implica o incremento dos gastos e a corrupción dos cargos; ademáis como a cobertura e a calidade sanitaria minguan a saúde do pobo empeora, obrigando en moitos casos a tramentos de emerxencia, máis caros e menos satisfactorios.

Como é a privatización da Sanidade?

No estado español a universalización do dereito á atención sanitaria fixouse a través da Lei Xeral de Sanidade de 1986, mais ó pouco de publicarse comezou a recibir ataques, entre eles destacan:

  • O “Informe Abril”, do 1990,que propuña medidas como o establecimento de copagos, a empresarización da provisión sanitaria, o fortalecemento do papel das aseguradoras e a laboralización do persoal sanitario.
  • O Real Decreto 16/2012, levou ao cabo a maior parte das medidas do Informe Abril. Impulsando as privatizacións en todas as comunidades do Estado Español, así, por na de Madrid, privatizaríanse 6 hospitais e 27 centros de saúde, en Catalunya 18 e 46, e en Castilla- La Mancha 4 hospitais.

Na Galiza, dende a chegada ao goberno de Núñez Feijoo en 2009 foise eliminando progresivamente o dereito á atención sanitaria universal pública, gratuíta e de calidade, mediante:

  • O desmantelamento e privatización do Sistema Público de Saúde Galego.
  • A introdución do copago polos servizos.
  • O “Plan 2011-2014” para a construción de infrestruturas sanitarias a traves de concertos deixa sen cartos suficientes para os gastos correntes da sanidade pública.

imagen en  acciónFoto:Imágenes en acción

E ti… que podes facer?

Infórmate sobre o que está acontecendo coa sanidade pública. Pide que cambien as normas que non respecten os principios da sanidade pública e fai un uso responsable da mesma. Únete as mobilizacións e iniciativas que loiten pola sanidade pública, universal, a accesible e equitativa. Infórmate dos teus dereitos e deféndeos con toda a túa forza.

Autoría Ecoar)))

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *