Que son as pensións e a seguridade social?

As pensión da seguridade social son un mecanismo de solidariedade mediatizado polo Estado polo cal se protexe a quenes, debido á desigualdade no reparto da riqueza, de outra  maneira verían mermados os seus ingresos de forma significativa ou serían incluso excluídos do sistema. É a seguridade social a que nos protexe das consecuencias da enfermidade, dos accidentes no traballo, a maternidade, a invalidez, a vellez e o desemprego. Ainda máis

Editorial (Marzo).

numero12_portadaO “Estado”, así con maiúsculas, é un concepto controvertido. Nos círculos académicos conviven diversas definicións do que é a “organización política suprema dunha poboación”. Básicamente hai dúas disxuntivas: por unha banda se o Estado sirve ao conxunto da sociedade, ou pola contra so é un dos medios de dominación dunha parte da sociedade sobre as outras? E por outra, se o principal elemento constitutivo da supremacia da organización estatal atópase no seu monopolio do uso da forza, ou pola contra nun recoñecemento “lexítimo” da súa autoridade normativa. Ainda máis

A expansión do dereito legal.

Dereito legal 1Non é casual que o recorte no Estado social vaia acompañado dun incremento da capacidade punitiva do Estado, dunha maior persecución da disidencia política, da protesta social e da pobreza. A reforma do Código Penal impulsada polo Ministro de in-Xustiza Gallardón, supón unha quebra do Estado de Dereito, recentemente debilitado con outras reformas, como as Taxas Xudiciais. Ainda máis

Cárceles en llamas.El movimiento de presos sociales en la transición.

copelCando tras a morte de Franco se abriron as portas das prisións para deixar saír aos opositores políticos á ditadura, ninguén imaxinaba o que viría a seguir. Ante a omisión da súa causa nas medidas de amnistía, os presos comúns subiron aos tellados para reclamar a liberdade e unha mudanza radical do sistema penal e penitenciario.

“Trala morte de Franco, os presos comúns subiron aos tellados para reclamar a liberdade e unha mudanza radical do sistema penal e penitenciario.” Ainda máis

Raiva e odio.

raiva e odio

“O meu proxecto por sorte só son recordos de concertos pasados”

A verdade é que isto non se trata de vender a pesares de que vaia implícito no proxecto. Por moito DIY que fagas unha cousa, sempre hai cartos e traballo detrás. Pero Verkami deume a oportunidade de saltarme este proceso pra só ocuparme de crear o proxecto alén de gastos que posiblemente non podería soportar. Co apoio da xente acadei o  obxetivo proposto e ainda quedan días pra que moitos poidan facerse cunha copia do fotozine Raiva e Odio no que estou traballando. O número catro. Estou acostumado a só fotografar e a verdade pouco se me ocorre que dicir nun fanzine como A Boia con contidos moito máis densos e interesantes que unha breve reseña. Sempre dicimos que unha imaxe vale máis que mil palabras pero non deixa de ser por puro morbo. A verdadeira realidade é que as palabras nun papel que poidas soster coas mans van moito máis alá do que un bo porrón de imaxes poida mostrar. O meu proxecto por sorte só son recordos de concertos pasados, de momentos que a poucos lle importan pero que teñen historias detrás que non sei contar con palabras. O millor sempre é vivilas e disfrutalas. Outros serán os que lle poidan por letra a eses momentos. Eu só sei contar esas historias con imaxes.

 

Iago Alonso
http://www.verkami.com/projects/7620-raiva-e-odio-4

Colectivo transeún3.

1.11.5

Pasamos as nosas vidas como espectadores: crecendo, consumindo e estudando áreas  en relación ao audiovisual. Por isto decidimos formar parte da creación que está a suceder perante nós, comezando o noso proxecto nun país descoñecido. Somos integrantes deses máis de 6 millóns de desempregados, os primeiros segundo a lista de Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos. Decidimos mercar un billete a México para inicios de setembro do 2013, onde a través da experiencia sentamos as bases e a dirección a seguir. Partindo da nosa liberdade creativa, orientamos os nosos coñecementos audiovisuais a persoas, colectivos e asociacións que desenvolvan actividades de interese; aproveitando as vantaxes que se poden obter do mundo globalizado no que vivimos. Ainda máis

Axudas de emerxencia municipal: por un proceso que garanta os nosos dereitos.

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia Cristo da Victoria vimos denunciando dende hai tempo, máis aló da absoluta insuficiencia dos recursos económicos destinados por Concello e Xunta a paliar a grave situación de empobrecemento da cidadanía, o funcionamento arbitrario e inxusto dos Servizos Sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Municipais (AEM), destinadas a persoas ou familias en  situación de necesidade social para sufragar gastos persoais, de vivenda, aloxamento, alimentación e atención sanitaria.

1.9.15.2

Ainda máis