Pablo o bosque e a prisión.

manolopipasa pablo coñecino hai anos
mentres facía o seu traballo
polas comunidades e a organización
indíxena zapoteca labrego e carpinteiro
orgulloso da sua cultura e do seu bosque

pablo está preso político
como outros compañeiros
por defender pacíficamente o bosqeu
o último bosque case virxe
das súas apartadas e secas montañas
en oaxaca nese país qeu chaman méxico

a pablo visiteino varios anos no penal
falamos mui serios pero tamén fomos
capaces de botar algunhas risas
demasiado lonxe da súa familia
da súa comunidade e do seu bosque

e a consigna dos compañeiros é
os pobos e o bosque non se venden

manolo pipas, marzo 2013

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *