Raiva e odio.

raiva e odio

“O meu proxecto por sorte só son recordos de concertos pasados”

A verdade é que isto non se trata de vender a pesares de que vaia implícito no proxecto. Por moito DIY que fagas unha cousa, sempre hai cartos e traballo detrás. Pero Verkami deume a oportunidade de saltarme este proceso pra só ocuparme de crear o proxecto alén de gastos que posiblemente non podería soportar. Co apoio da xente acadei o  obxetivo proposto e ainda quedan días pra que moitos poidan facerse cunha copia do fotozine Raiva e Odio no que estou traballando. O número catro. Estou acostumado a só fotografar e a verdade pouco se me ocorre que dicir nun fanzine como A Boia con contidos moito máis densos e interesantes que unha breve reseña. Sempre dicimos que unha imaxe vale máis que mil palabras pero non deixa de ser por puro morbo. A verdadeira realidade é que as palabras nun papel que poidas soster coas mans van moito máis alá do que un bo porrón de imaxes poida mostrar. O meu proxecto por sorte só son recordos de concertos pasados, de momentos que a poucos lle importan pero que teñen historias detrás que non sei contar con palabras. O millor sempre é vivilas e disfrutalas. Outros serán os que lle poidan por letra a eses momentos. Eu só sei contar esas historias con imaxes.

 

Iago Alonso
http://www.verkami.com/projects/7620-raiva-e-odio-4