Non é casual que o recorte no Estado social vaia acompañado dun incremento da capacidade punitiva do Estado, dunha maior persecución da disidencia política, da protesta social e da pobreza. A reforma do Código Penal impulsada polo Ministro de in-Xustiza Gallardón, supón unha quebra do Estado de Dereito, recentemente debilitado con outras reformas, como as Taxas Xudiciais. Ainda máis
Arquivos da etiqueta: Dereitos animais
Declaración universal dos dereitos animais.
A pesar da existencia dunha Declaración Universal dos Dereitos Animais proclamada no ano 1977 pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e posteriormente aprobada pola ONU e a UNESCO, día a día coñecemos novos casos de violacións destes dereitos supostamente universais para todos os animais. Lembramos aquí uns anacos desta Declaración e animámoste a defendelos na realidade máis próxima, denunciando os casos de maltrato ou abandono dos que teñas coñecemento, esixindo no teu concello unha recollida e trato digno para os animais abandonados e, por suposto, non mercando animais, senón adoptando ou acollendo un animal das Protectoras de Animais da túa zona. Ainda máis
A Boia entrevista a… Eneko Pérez, activista polos Dereitos Animais.
1. Cal é o principio básico do movemento polo dereitos animais?
Entre nós, os animais humanos, existen múltiples diferencias. Sen embargo entendemos que todas ellas son irelevantes á hora de establecer relaciones de respeto e igualdade porque recoñecemos unha serie de caracteristicas cruciais que nos levan a considerar ao resto de suxeitos merecedores dese respeto e desa igualdade.