A pesar da existencia dunha Declaración Universal dos Dereitos Animais proclamada no ano 1977 pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e posteriormente aprobada pola ONU e a UNESCO, día a día coñecemos novos casos de violacións destes dereitos supostamente universais para todos os animais. Lembramos aquí uns anacos desta Declaración e animámoste a defendelos na realidade máis próxima, denunciando os casos de maltrato ou abandono dos que teñas coñecemento, esixindo no teu concello unha recollida e trato digno para os animais abandonados e, por suposto, non mercando animais, senón adoptando ou acollendo un animal das Protectoras de Animais da túa zona.
“Animámoste a defendelos dereitos animais na realidade máis próxima, denunciando os casos de maltrato ou abandono dos que teñas coñecemento.”
“O respecto do home polos animais vai unido ao respecto dos homes polos seus semellantes, a educación ten que ensinar dende a infancia a observar, comprender e querer a todos os animais da Terra.
- Artigo 1: Todos os Animais nacen iguais ante a vida e teñen os mesmos dereitos á existencia.
- Artigo 2: Todo Animal ten dereito ao respecto. O home, en tanto que especie animal, non pode atribuírse o dereito a exterminar outros animais ou explotalos violando ese dereito.
- Artigo 3: Ningún Animal será sometido a malos tratos nin a actos crueis.
- Artigo 5: Todo Animal pertencente a unha especie que viva tradicionalmente no ámbito do home, ten dereito a vivir e medrar ao ritmo e en condicións de vida e de liberdade que sexan propias da súa especie. Toda modificación do devandito ritmo ou as devanditas condicións que fose imposta polo home con fins mercantís é contraria a ese dereito.
- Artigo 10: Ningún Animal debe de ser explotado para esparexemento do home. As exhibicións de animais e os espectáculos que se serven de Animais son incompatibles coa dignidade do Animal.
- Artigo 13: Un Animal morto debe ser tratado con respecto.”
Autora APA OS BIOSBARDOS, Refuxio Ponteareas.
http:/protectoraosbiosbardos.org
Telf: 600356891
(10:00-13:30)(16:30-20:00)
Eles son unha maravilla!
Merecen o noso respecto e amistade!