A Boia entrevista a… Eneko Pérez, activista polos Dereitos Animais.

1. Cal é o principio básico do movemento polo dereitos animais?

Entre nós, os animais humanos, existen múltiples diferencias. Sen embargo entendemos que todas ellas son irelevantes á hora de establecer relaciones de respeto e igualdade porque recoñecemos unha serie de caracteristicas cruciais que nos levan a considerar ao resto de suxeitos merecedores dese respeto e desa igualdade.


O interese a non sufir, a non ser torturado e a vivir unha vida en liberdade é compartido por todos e cada un dos animais.
Cando un suxeito de forma consciente e deliberada priva de liberdade, fai sufrir o acaba coa vida dun animal, sexa este un ser vaca, un ser can ou un ser humano o que está exercendo é unha relación de opresión.
A opresión é inxusta en todas as súas formas. Se esta é exercida contra as mulleres falamos de sexismo, se esta é exercida contra persoas cuns trazos físicos propios dun lugar concreto falamos de racismo, se esta é exercida contra animais que pertencen a otra especie diferente á nosa falamos de especismo.
O movemento polos Dereitos Animais procura o fin da opresión da que son vitimas os animais e o recoñecemento deles como suxeitos de dereito, é decir, como individuos cunha serie de intereses que ao igual cos nosos deben ser tidos en conta do mesmo modo.

2. Cal foi o obxetivo da Xira contra a Represión ao Movemento de Dereitos Animais/ Liberación Animal?

Entre os anos 2009 e 2010 varios activistas das organizacións Equanimal e Igualdade Animal realizamos dúas investigacións paralelas encubertas na industria peleteira. Ningunha das orgtanizacións tiña constancia de que a outra estaba realizanda unha investigación similar. Introduximonos sen permiso e de forma encuberta -con cámaras ocultas- en varios criadeiros de visóns co obxeto de dar a coñecer o que esta industria oculta intencionadamente á sociedade e aos seus consumidores. Nese mesmo contexto temporal o Frente de Liberación Animal ceibou a miles de visóns dun deses criadeiros e se nos pretende responsabilizar a varios de nós desta acción coa que non temos relación. Este é o eixo sobre o que pivote toda a acusación ainda que tamén se nos vincula a outras accións que non hemos realizado.
Esto é unha montaxe xudicial, policial e mediática que forma parte dunha axenda represiva a nivel internacional contra o movemento de Dereitos Animais / Liberación Animal. Acúsasenos de exercer ecoterrorismo nun intento de criminalizar as nosas ideas. As nosas ideas son o motor de todo un movemento que pone entre as cordas á industria da explotación animal e a todas as estructuras de poder e de opresión. Non é un atque a un grupo de persoas, é un ataque a todo un movemento.
O obxetivo da xira foi denunciar estes feitos, explicar a súa natureza política e potenciar un debate no movemento sobre como actuar ante este ataque.

3. Vostede leva moitos anos loitando polos Dereitos Animais. Podería citarnos algún dos traballos que realizou?

Tras traballar varios anos de forma autónoma formei parte de varias organizacións e colectivos, no Grupo Antiespecista de Bilbao, Dereitos para os Animais / Rights for Animals, Equanimal e Igualdade Animal. Nestes momentos traballo de forma independente e colaboro con aqueles proxectos que considero de interese.
Creo que fixen de todo. Cousas das que me sinto sadisfeito e cousas que non voltaría a repetir. Quizais o máis interesante foi poder materializar ideas en campañas e en accións que cos seus e os seus errores serviron para poder definir un camiño a seguir en prol dunha eficacia maior. Nestes anos de duro traballo fomos moi poucos e fomos moi deprisa, non nos permitimos o suficiente tempo para analizar ben o que estabamos levando a cabo. Hai moitas cousas que adía de hoxe nunca voltaría a repetir e ao mesmo tempo outras que consideros claves para o avance do noso movemento e que deberían repetirse unha e outra vez.
Do que máis me sinto sadisfeito é de ter participado na implementación de accións directas enmarcadas na desobecia civil e nas investigacións encubertas, de facer máis conflictivas as nosas posicións. Considero que é aí onde aportei o mellor de min e agardo que no futuro esa idea sexa compartida cada vez máis por activistas comprometidos coa causa dos dereitos animais.

4. Cre que os consumidores dos produtos da industria agroalimentaria reciben suficiente información sobre o sufrimento animal? Podería facerse algo nese sentido?

Creo que todos somos conscientes que tras un filete de carne hai un animal morto. Sen embargo este coñecemento non parece ser suficiente para xerar un cambio. Son varios os motivos que converxen en potenciar o “carnismo” e o especismo. A cultura imperante e o modelo de consumo, o feito de non sentirse sinalado como ocurriría se se tratase de humanos, a nefasta educación que recebemos, o egoismo xeneralizado,…
A información de como son oprimidos os animais nas granxas, criadeiros, laboratorios, zoos, acuarios ou outros lugares onde se abusa deles é mostrada ao público a través de investigacións encubertas levadas a cabo por certos activistas ao longo da xeografía internacional. Está demostrada que estas investiacións teñen un impacto na demanda dos productos que manufacturan todas estas empresas.
Por todo esto a resposta é non. Non se recibe a información suficiente e ocultase intencionadamente desde os grupos de poder de toda esta industria. Ademais realizanse campañas de lavado de imaxe que manipulan o que realmente padecen todos os animais confinados alí.
Pero hai que recoñecer que hai moitas persoas, que ademais son una clara maioría, que tras coñecer todos estes feitos seguen participando de todo este ciclo de escravitude e morte.
Por regla xeral funcionamos aproveitándonos dos outros e preocupándonos de nós mesmos, é un feito, e non parece que nada vaia facer cambiar este paradigma. Sen embargo quedarse de brazos cruzados non é unha opción, por pequenos que sexan os cambios para cada animal a súa vida é todo o que ten e calquer batalla que libremos por pequena que sexa sempre axudará a algún animal en algún lugar do mundo.

5. Cre posible que se declare Galicia como país libre de touradas?

Sí. Esto é algo que tarde o temprano ocurrirá. É o que creo.

6. Podería indicarnos o país no que mellor se protexen os Dereitos Animais? Por que?

Non existe nengún lugar no mundo onde os animais sexan considerados suxeitos de dereitos. Os dereitos legais para os animais non existen. Mentres os animais sexan considerados propiedades, escravos e non suxeitos de dereito todas as medidas legais que se tomen ao respeto serán sempre en base a unha propiedade e non en base a un suxeito de dereito. Por este motivo non existe dereitos animais en nengunha lexislación do mundo e en todos eles están desprotexidos.
O lugar onde os animais son libres, onde os seus desexos son respetados e onde os seus intereses son protexidos só existe nos nosos soños e esta é a razón pola que seguimos aquí, para facelos realidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *