A boia entrevista a… Oficina de Dereitos Sociais de Coia.

ODS COIAQue é a Oficina de Dereitos Sociais de  Coia?

Un punto de información sobre dereitos sociais no que tentamos ofrecer  información alternativa acerca de axudas sociais, denunciar o empobrecemento, visualizar a dor causada polo capitalismo e artellar respostas colectivas e dende abaixo a esta tolemia que nos ofrecen como única vida.

No último ano levamos unha sorpresa. Sen saber moi ben como, comezamos cunha dinámica de asembleas abertas, os martes cada 15 días na parroquia do Cristo en Coia, nas que participamos xentes moi diversas e dende as que nos puxemos a buscar saídas en forma de concentracións, presentación de escritos, reunións con colectivos sociais… Ainda máis

Non preguntaría a un can pola súa idea de xustiza
e non deixaría espazo á dúbida
e non preguntarei a Peter Brabeck pola súa idea de xustiza
e non amaría
e non preguntarei a Neville Isdell pola súa idea de xustiza
e non temería arrepiarme ante o suor da carne tensa
e non preguntarei a Phil Knight pola súa idea de xustiza
e non me mollaría no afán de confundirme coa chuvia
e non preguntarei a Bieito XVI pola súa idea de xustiza
e non me faría pequeno no medio do monte
e non preguntarei a Ariel Sharon pola súa idea de xustiza
e non confundiría as palabras co ruído
e non preguntarei a Marcial Maciel pola súa idea de xustiza
e non preferiría a pedra mollada.
e no preguntarei a deus pola súa idea de xustiza
e o disparo seco non rebotaría de monte en monte ata enchelo todo
de morte solitaria e covarde, no medio do barro, baixo a chuvia fina
e constante. Eu xa non preguntaría pola súa idea de xustiza, xa non
preguntaría nada, nin sequera por que.

Ainda máis

O engano da “produtividade laboral”.

”Se non se aumenta a produtividade e se non se teñen os custos salariais adecuados, a empresa acaba fechando e ese traballador que quere cobrar máis ao final non acaba cobrando máis que o paro … para sair da crise económica os traballadores deben traballar máis e, desgraciadamente, gañar menos…os empresarios xa están gañando menos, e incluso hai moitos que xa están perdendo.” Gerardo Díaz Ferran.Ex-presidente da CEOE(1).

Gerardo_Díaz_Ferrán_(2010)

Ainda máis

Alebrije.

1.12.5 montse

É un cabalo? É un mamut? É un sapo? É un nudista ortodoxo?

O alebrije é una figura imaxinaria formada por partes de diferentes animais, tanto reais como fantásticos. A súa presencia no territorio mexicano esténdese por toda a nación, mais é na cidade de México onde radica a súa orixe. Alí, o cartoneiro Pedro Linares López traballaba no seu taller de piñatas, máscaras e figuras de papel maché que logo vendía no Mercado de la Merced . Ainda máis

A onde carallo van os impostos?

impostosOs cidadáns somos adoutrinados na crenza de que cos impostos estamos a contribuír coa sociedade. Trátase dun pacto ineludible co que renunciamos ao ben individual a favor do ben común. Pero dende o comezo ese pacto nace en falso, pois nin os cidadáns poden escoller se queren contribuír, ou en que medida, nin tampouco poden escoller a que van destinados os seus cartos. O todopoderoso Estado, encarnado na casta política que pide o voto en eleccións pero que non pide opinión no resto da lexislatura, é quen rouba e decide. Ainda máis

Asemblea aberta

O xoves 8 de maio, as 19 horas no Bou Eva, A Boia fará unha asemblea aberta co obxetivo principal de abrir o equipo da revista á cidadanía. Calquera pode vir, coñecer como funciona A Boia por dentro, e buscar o seu xeito de participar.

A asemblea tamén será ocasión para compartir diferentes visións do que debería ser este pequeno, pero prometedor, medio de comunicación alternativo e popular.

asemblea aberta

 

 

Somos parte do problema ou da solución?

O obxectivo do Traballo Social é procurar un Sistema máis xusto e equitativo, eliminando barreiras que dificultan o acceso de determinadas persoas e colectivos ao estatus de benestar e sendo promotores de cambio social. O noso lugar está co pobo, somos moitas veces o único altofalante que poden ter persoas que doutro xeito xamais serían escoitadas nin visibilizadas. Sabemos que as nosas intervencións son sostidas e validadas en canto que loitamos a prol dos Dereitos Humanos recoñecidos pola lexislación internacional. Deberiamos ser abandeiradas da indignación, técnicas proactivas nas propostas de solución e insubmisas dun sistema cruel e inhumano. Ainda máis