Non preguntaría a un can pola súa idea de xustiza
e non deixaría espazo á dúbida
e non preguntarei a Peter Brabeck pola súa idea de xustiza
e non amaría
e non preguntarei a Neville Isdell pola súa idea de xustiza
e non temería arrepiarme ante o suor da carne tensa
e non preguntarei a Phil Knight pola súa idea de xustiza
e non me mollaría no afán de confundirme coa chuvia
e non preguntarei a Bieito XVI pola súa idea de xustiza
e non me faría pequeno no medio do monte
e non preguntarei a Ariel Sharon pola súa idea de xustiza
e non confundiría as palabras co ruído
e non preguntarei a Marcial Maciel pola súa idea de xustiza
e non preferiría a pedra mollada.
e no preguntarei a deus pola súa idea de xustiza
e o disparo seco non rebotaría de monte en monte ata enchelo todo
de morte solitaria e covarde, no medio do barro, baixo a chuvia fina
e constante. Eu xa non preguntaría pola súa idea de xustiza, xa non
preguntaría nada, nin sequera por que.

Nota: Peter Brabek é o actual presidente de Nestle, Neville Isdell é o actual presidente de Coca cola, Phil Knight é o actual presidente de Nike, Benedicto XVI foi o anterior primeiro ministro da Igrexa católica, Ariel Sharon foi presidente do estado de Israel, Marcial Maciel foi un cura pederasta mexicano (fundador dos Lexionarios de Cristo) foi xulgado por delitos de pederastia e, a pesar de demostrarse os cargos, nunca foi condenado por ningún deles.

Pedro Fresneda, membro de “Cultura contra a mentira”,  agosto 2009.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *